miércoles, 29 de septiembre de 2021

O ENTROIDO DOS ANIMAIS: LEÓN

O autor Camille Saint-Saëns compuxo a obra "O entroido dos animais" coa que coñeceremos a diferentes animais a través da música.

O LEÓN aparece representado nesta obra e os alumnos de Educación infantil converteranse en verdadeiros reis da sabana.



martes, 28 de septiembre de 2021

ESTANDO A MORA NO SEU LUGAR

 Imos cunha canción acumulativa!

Primeiro aprenderemos a canción, sen esquecer ningún personaxe.

 

E agora cantaremos a canción utilizando un instrumento diferente para cada personaxe. Cando cantemos o nome dun personaxe debemos tocar o instrumento correspondente.

Prestade moita atención!


Preparados para cantar e tocar!



sábado, 25 de septiembre de 2021

WE WILL ROCK YOU

 


"We will rock you" é unha das cancións máis coñecidas do grupo Queen. Foi composta por Brian May, o guitarrista da banda e gravada no ano 1977.

Esta canción é mundialmente coñecida polo seu ritmo pegadizo e escoitase con frecuencia nos estadios nos que se desenvolven competicións deportivas.

Imos acompañar a canción seguindo o musicograma.


Aquí temos a partitura do estribillo.



A TOCAR!




martes, 21 de septiembre de 2021

QUEEN: WE WILL ROCK YOU

QUEEN foi unha banda británica de rock formada no 1970 en Londres polo cantante e pianista Freddie Mercury, o guitarrista Brian May, o baterista Roger Taylor e o baixista John Deacon,

A espectacularidade das súas actuacións e a mistura de estilos musicais foron as claves do seu éxito.

Os seus discos foron superéxitos en diferentes paises do mundo.

Queen destacou por facer que as súas cancións sexan coñecidas e cantadas por todo o mundo, xa que  moitas delas utilízanse en grandes acontecimientos sociais e deportivos.

Empezamos vendo unha pequena biografía sobre o grupo.

No ano 2018 estreouse a película "Bohemian Rhapsody", que conta a historia do cantante Freddie Mercury e do grupo Queen.

Esta película conseguiu o premio "Globo de Oro" 2019 á mellor película dramática.

Un dos temas máis famosos do grupo é "We will rock you".




Na seguinte escena de "Bohemian Rhapsody" vemos como naceu a canción de "We will rock you".

domingo, 12 de septiembre de 2021

BENVIDOS AO CURSO 21-22!

Comezamos un novo curso con grandes novidades e moita ilusión.

Por fin estamos no novo colexio!



TODO LISTO PARA EMPEZAR A TRABALLAR!