martes, 29 de diciembre de 2020

HARRY POTTER

Neste trimestre traballaremos co tema máis coñecido da Banda Sonora de Harry Potter. 

Tocarémolo con metalófonos, carillóns e campás afinadas, ademais de con outros instrumentos de percusión non afinados.

Coa seguinte actividade estudaremos a partitura.





jueves, 24 de diciembre de 2020

BO NADAL!

Chegan uns días de descanso para todos, despois dun trimestre no que traballáchedes moito.

Desexo que pasedes unhas festas divertidas.

BO NADAL!


martes, 1 de diciembre de 2020

SALVEMOS A SARGANTANA!

Os nenos de Educación Infantil tedes unha importante misión, Sargantana foi secuestrada polo xigante Gerión e está encerrada na Torre de Hércules, unha das marabillas de Galicia que este curso estamos estudando.

Debedes ser moi valentes e superar todas as probas que o xigante Gerión vos fará. 

Axudaránvos na vosa misión Hércules e Breogán.

Estades preparados para empezar?

POIS IMOS ALÓ!

sábado, 14 de noviembre de 2020

CANTAMOS, TOCAMOS E BAILAMOS... A MUIÑEIRA!


A muiñeira é o máis característico dos ritmos da música tradicional galega.

A orixe do nome fai referencia á palabra muiño, xa que arredor dos muiños, nos tempos da molienda, a xente dos pobos reuníase para levar o gran. Estas xornadas eran moi longas polo que convertíanse en festivas e unha das formas de pasar o tempo era cantando, tocando e danzando.

Ás danzas que alí facían chamáronlle "muiñeiras".

Neste trimestre traballaremos con diferentes muiñeiras.





domingo, 1 de noviembre de 2020

THRILLER

Este curso non puidemos facer unha actividade común para celebrar a festa de Samaín, pero na clase de música todo o alumnado de primaria bailou, durante esta semana, "Thriller" de Michael Jackson.

Aquí están todos os vídeos destes zombis tan marchosos.

sábado, 24 de octubre de 2020

ACHÉGASE O SAMAÍN!

 


Durante esta semana traballaremos con música terrorífica para celebrar a festa de Samaín.

Premede nos fantasmiñas para ver as diferentes cancións.

domingo, 4 de octubre de 2020

ANTONIO VIVALDI: OUTONO

 



Antonio Vivaldi foi un dos grandes compositores da historia da música. Unha das súas obras máis coñecidas é "As catro estacións". Nesta obra Vivaldi converte en música as sensacións e as emocións que a natureza produce nel.

No seguinte vídeo faremos un rápido repaso pola biografía deste xenio.



Fai algúns anos, os alumnos de 4º curso traballaron con esta obra realizando un exercicio de expresión corporal.

COÑECEDES A ALGUÉN?




Acompañaremos este 3º movemento da obra de Vivaldi utilizando os seguintes instrumentos de percusión.





Agora tocaremos o 1º movemento desta fantástica obra utilizando os instrumentos de láminas.



sábado, 3 de octubre de 2020

ESTAMOS EN OUTONO!

 


Xa chegou o outono e con él as castañas e os magostos.

Imos aprender diferentes cancións que nos situan nesta estación do ano.






martes, 8 de septiembre de 2020

BENVIDOS A UN NOVO CURSO!



 

OLA CHICOS!

Entre o xoves e o venres desta semana ides voltar todos á escola despois de moito tempo sen vernos.

Gustaríame que empezásemos o curso con moita ilusión e con enerxía! 

Para recargar as pilas déixovos a mesma canción coa que me despedín, porque esta vez SIIIIIIII poderemos estar xuntos para bailala.


BAILEMOS SEN PARAR, AÍNDA QUE SEXA CON MÁSCARA!





jueves, 18 de junio de 2020

ATA O VINDEIRO CURSO!



Despídome de vós, ata setembro, cunha canción moi optimista e con moita marcha!

 BOAS VACACIÓNS! 












lunes, 15 de junio de 2020

NO ANO PASADO...

Non sei se lembrades o que fixemos a principio deste curso tan extraño para todos, pero aló polo mes de decembro interpretáchedes para os vosos compañeiros e para as familias diferentes temas musicais.

Cun pouco de nostalxia, déixovos os vídeos que gravei na clase durante os ensaios.

Espero que pronto podamos volver a estar tan xuntiños para volver facer un traballo tan chulo!










martes, 2 de junio de 2020

DANCE MONKEY



"Dance monkey" é un tema da cantante australiana Tones and I, publicado no ano 2019 e  que chegou aos máis altos postos das listas de éxitos en diferentes paises do mundo.

Toni empezou cantando e bailando na rúa ata que o que se convertiría no seu manager a descubriu e invitouna a formar parte da súa axencia.

Imos traballar con esta canción bailando e tocando.

Déixovos 3 vídeos con coreografías para todo o mundo.

A BAILAR!














E agora imos acompañar a canción tocando diferentes ritmos, utilizando vasos ou calquera outro  instrumento ou obxecto co que podades facer sons.

A TOCAR!




lunes, 1 de junio de 2020

O RETO DAS MANS


Hoxe déixovos un gran reto que debedes facer utilizando instrumentos de percusión corporal e obxectos da casa.

É o RETO DAS MANS.

Tocaremos negras, corcheas, silencio de negra e silencio de corchea.






Cantas máis mans mellor!


TKN


Xa temos o novo disco de Rosalía con Travis Scott, estrela do hip hop.

Imos empezar o último mes do curso cunha inxección de enerxía!



Atrevédesvos coa coreografía?

SEGURO QUE SI!


martes, 26 de mayo de 2020

SALVEMOS A PEPIÑO!


Esta actividade vai dirixida especialmente aos nenos e nenas de Educación Infantil, pero os irmáns maiores podedes axudalos a XOGAR.

Tedes unha importante misión:  SALVAR A PEPIÑO! 



O MORCEGO SEIS OLLOS secuestrou a Pepiño e o ten encerrado nunha casa no bosque encantado.

Só vós podedes salvalo!  

 PEPIÑO NECESÍTAVOS! 




lunes, 25 de mayo de 2020

MUIÑEIRA DE CHANTADA


A "Muiñeira de Chantada" é a peza máis famosa do repertorio dos gaiteiros galegos.

Esta obra foi composta, no ano 1865, polos irmáns Manuel e Antonio Fernández, membros da Banda del Ferraias.

A peza foi popularizada polos irmáns Cachafeiro, os Gaiteiros de Soutelo, que a gravaron no ano 1928.

Déixovos aquí a interpretación desta peza, que fixo Carlos Núñez acompañado do grupo "The Chieftains".



Vexamos a intepretación desta danza tradicional.



 E agora un cambio total de estilo! 

Fai dous anos, a escola de danza Media Punta de Vigo decidiu coreografiar a "Muiñeira de Chantada" a ritmo de hip hop.

Con esta danza obtiveron a medalla de oro no Campeonato de España e tamén presentáronse ao programa Got Talent, donde tiveron gran éxito.





 ANIMÁDEVOS A PROBAR! 

miércoles, 20 de mayo de 2020

INSTRUMENTOS TRADICIONAIS GALEGOS

Unide cada instrumento co seu nome.

Teredes que mover o rato por enriba das imaxes ou dos nomes e enlazar as parellas.

Cando rematedes a ficha podedes corrixila vós mesmos ou mandala ao meu correo para que a corrixa.

Lembrade o meu correo para recibir traballos de música.








martes, 19 de mayo de 2020

MUIÑEIRA CORRIDA

No mes das Letras Galegas traballaremos con música tradicional.

Empezaremos cunha canción moi xeitosa titulada "Muiñeira corrida".



Agora que xa coñecedes a canción imos acompañala con instrumentos tradicionais.

Xa sei que os instrumentos están no colexio, pero moitos de vós tedes na casa algún dos instrumentos que aparecen no vídeo e todos tedes botellas, culleres de pao ou de metal, vasos, tixolas, tapas... e calqueira cousa coa que podades facer sons. Utilizade a imaxinación!

Xa sabedes que a música tradicional sempre foi acompañada por calqueira utensilio da casa co que se puidera facer un ritmo.

Seguro que o facedes xenial!



lunes, 18 de mayo de 2020

HIMNO GALEGO

Onte celebrouse, dun xeito algo extraño, o Día das Letras Galegas. Lembrade que este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.

Para conmemorar este día tan importante para os galegos imos aprender o Himno de Galicia.

O HIMNO GALEGO conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituido por "fogar de Breogán".

Sabedes quen foi Breogán? Premede na imaxe para ter máis información.



E agora vaiamos coa música!

Esta composición foi interpretada por primeira vez no 1907 na Habana (Cuba).

Vexamos unha interpretación da Real Filharmonía de Galicia.




Empecemos coa partitura.

Despois de ver a partitura contesta ás seguintes preguntas.




E agora A TOCAR!





Por último toca CANTAR!





¿Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.
Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,máis sóo os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.
Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, onde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.











miércoles, 13 de mayo de 2020

FRAUTISTAS PRINCIPIANTES!

Este post vai dirixido especificamente ao alumnado de 3º curso, xa que o confinamento pillóunos de cheo empezando a traballar coa frauta.

Déixovos aquí unha explicación moi detallada de como tocar a canción coa que iamos empezar, "Rondín Picotín", con partituras interactivas e un titorial. Veredes como vos axuda moito!

Animádevos! Collede a vosa frauta e A TOCAR!





martes, 12 de mayo de 2020

A LANCHIÑA DO FLAMENCO

MUSICREQUES presenta un novo conto musical para CONTAR e CANTAR.

"A lanchiña do flamenco" é un conto para contar do 1 ao 10 no que os máis pequenos poderán coñecer moitos animais da selva.

Por mor da chuvia a selva está chea de auga e hai moitos animais en problemas, máis o flamenco ten unha lanchiña e vai ao seu rescate.

Serán demasiados animais para esa lanchiña?

Caberán todos?

Teredes que ver o conto ata o final para saber se son quen de chegar a terra firme sans e salvos.




FANTÁSTICO CONTO MUSICREQUES!


jueves, 7 de mayo de 2020

PEQUENOS ARTISTAS

Hoxe, Ainhoa de 6º B, móstranos como pasa o confinamento.

Entre outras cousas, dedica algún tempo a practicar coa guitarra española.

Moi ben Ainhoa, segue traballando así!


lunes, 4 de mayo de 2020

UNHA DE GALIÑAS, GALOS, PITAS E PITOS!


Para homenaxear ao escritor Ricardo Carvalho Calero, a quen se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas, traballaremos durante estes días con contos, cancións ou xogos que teñan como protagonistas a unhas aves que todos coñecedes. 

Estas aves tamén aparecen na obra de Ricardo Carvalho Calero titulada "As pitas baixo a choiva".




  MARCHANDO UNHA DE GALIÑAS, GALOS, PITAS E PITOS!  













Tocade para os máis pequenos esta canción coa frauta.

Déixovos a partitura e un titorial.







jueves, 30 de abril de 2020

OS PICAPEDRA

Hoxe déixovos un vídeo moi interesante para que podades aprender a tocar coa frauta a canción da serie de debuxos animados "Os picapedra".





Pero antes de empezar a tocar mirade ben a partitura e estudádea facendo o seguinte xogo.



Agora seguide o vídeo e A TOCAR!