Mostrando entradas con la etiqueta ANTONIO VIVALDI. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta ANTONIO VIVALDI. Mostrar todas las entradas

sábado, 2 de octubre de 2021

OUTONO

Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.

O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.

Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.


Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.

Escoitamos o 3º movemento de "Outono".


Agora 3 simpáticas follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.

Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.





Agora tocaremos instrumentos da familia da madeira seguindo este divertido musicograma.




domingo, 4 de octubre de 2020

ANTONIO VIVALDI: OUTONO

 



Antonio Vivaldi foi un dos grandes compositores da historia da música. Unha das súas obras máis coñecidas é "As catro estacións". Nesta obra Vivaldi converte en música as sensacións e as emocións que a natureza produce nel.

No seguinte vídeo faremos un rápido repaso pola biografía deste xenio.



Fai algúns anos, os alumnos de 4º curso traballaron con esta obra realizando un exercicio de expresión corporal.

COÑECEDES A ALGUÉN?




Acompañaremos este 3º movemento da obra de Vivaldi utilizando os seguintes instrumentos de percusión.





Agora tocaremos o 1º movemento desta fantástica obra utilizando os instrumentos de láminas.



viernes, 20 de marzo de 2020

GRANDES COMPOSITORES! ANTONIO VIVALDI

Durante este periodo que non podamos estar xuntos na aula irei colgando no blog pequenas biografías de algúns dos máis importantes compositores da historia da música.

Chamareille a esta sección "GRANDES COMPOSITORES".

Empezarei con Antonio Vivaldi, xa que é o compositor da obra "As catro estacións".

Déixovos un vídeo da súa biografía que é moi divertido. Non volo perdades!



E AGORA TOCA XOGAR!

Aí van 3 crebacabezas con distintos graos de dificultade.

Pode xogar toda a familia!












CHEGOU A PRIMAVERA!


No estado de alarma no que nos atopamos por mor do COVID-19 e case sen darnos de conta, esta madrugada, ás 4:50 horas, entrou a primavera.

Para relaxarnos nada mellor que botar man da obra de ANTONIO VIVALDI "As catro estacións" e escoitar a parte que representa á primavera.















miércoles, 21 de marzo de 2018

PRIMAVERA: MUSICOGRAMA

Con este musicograma veremos as diferentes partes que ten a obra de Antonio Vivaldi.

Dramatizaremos as diferentes situacións que se representan e gozaremos nunha primavera chea de contrastes.





domingo, 18 de marzo de 2018

CHEGA A PRIMAVERA!


Xa quedan poucas horas para o esperado cambio de estación. Pasaremos do inverno á primavera, que boa falta fai porque xa estamos un pouco cansos do frio e da choiva.

O compositor que mellor reflectiu as sensacións que se viven nas diferentes estacións do ano foi o supercoñecido e archifamoso Antonio Vivaldi, co que xa traballamos ao principio de curso cando chegou o outono.


Lembrade que a súa obra máis famosa é "As catro estacións".

Meterémonos de cheo no 1º movemento da "Primavera" e gozaremos coa música de Vivaldi.

Empezaremos vendo diferentes vídeos para familiarizarnos coa obra.








E agora veremos unha versión rockera da obra de Vivaldi. TODOS A CANTAR E A BAILAR!




QUE MARCHA!!!












domingo, 8 de octubre de 2017

EXPRESANDO AS EMOCIÓNS!



Os nenos de 1º e 2º de primaria fixeron un exercicio de improvisación de movementos utilizando o corpo como instrumento para a expresión de sentimentos e emocións.

Despois de facer unha primeira audición co musicograma do o "Outono" de Antonio Vivaldi expresáronse nun divertido xogo.

Chicos, fixéstelo moi ben!















domingo, 1 de octubre de 2017

ESTAMOS NO OUTONO

O outro día bailamos ao ritmo do 3º movemento do "Outono" de Antonio Vivaldi.

Foi moi divertido e o son que faciades cos pompóns parecía o mesmo que fan as follas das árbores cando o vento as move. Pronto subirei os vídeos para que podades velos.

Agora imos tocar instrumentos ao mesmo tempo que soa a música.

Os instrumentos de percusión que utilizaremos son:



Utilizaremos un musicograma de "Musikarma".