Mostrando entradas con la etiqueta PRIMAVERA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta PRIMAVERA. Mostrar todas las entradas

viernes, 20 de marzo de 2020

CHEGOU A PRIMAVERA!


No estado de alarma no que nos atopamos por mor do COVID-19 e case sen darnos de conta, esta madrugada, ás 4:50 horas, entrou a primavera.

Para relaxarnos nada mellor que botar man da obra de ANTONIO VIVALDI "As catro estacións" e escoitar a parte que representa á primavera.















miércoles, 21 de marzo de 2018

PRIMAVERA: MUSICOGRAMA

Con este musicograma veremos as diferentes partes que ten a obra de Antonio Vivaldi.

Dramatizaremos as diferentes situacións que se representan e gozaremos nunha primavera chea de contrastes.





domingo, 18 de marzo de 2018

CHEGA A PRIMAVERA!


Xa quedan poucas horas para o esperado cambio de estación. Pasaremos do inverno á primavera, que boa falta fai porque xa estamos un pouco cansos do frio e da choiva.

O compositor que mellor reflectiu as sensacións que se viven nas diferentes estacións do ano foi o supercoñecido e archifamoso Antonio Vivaldi, co que xa traballamos ao principio de curso cando chegou o outono.


Lembrade que a súa obra máis famosa é "As catro estacións".

Meterémonos de cheo no 1º movemento da "Primavera" e gozaremos coa música de Vivaldi.

Empezaremos vendo diferentes vídeos para familiarizarnos coa obra.








E agora veremos unha versión rockera da obra de Vivaldi. TODOS A CANTAR E A BAILAR!




QUE MARCHA!!!












domingo, 7 de abril de 2013

ANTONIO VIVALDI: PRIMAVERA



Xa estamos na primavera!!!

Imos ver como nos conta Vivaldi coa súa música o que sucede nesta estación.

O concerto titulado PRIMAVERA ten 3 movementos:

- 1º movemento: Allegro
- 2º movemento: Largo
- 3º movemento: Allegro
 
Clicade na flor para escoitar o 1º movemento




No seguinte vídeo de Música en Alcalá podemos disfrutar dunha bonita historia.