BLOG DA AULA DE MÚSICA DO CEIP CRUCEIRO DE VILALONGA
Páginas
Página principal
OS NOSOS CONTOS
XOGOS
jueves, 30 de abril de 2020
OS PICAPEDRA
Hoxe déixovos un vídeo moi interesante para que podades aprender a tocar coa frauta a canción da serie de debuxos animados "Os picapedra".
Pero antes de empezar a tocar mirade ben a partitura e estudádea facendo o seguinte xogo.
Agora seguide o vídeo e A TOCAR!
miércoles, 29 de abril de 2020
TODO O DÍA NA CASIÑA
Magín Blanco preséntanos unha canción que relata como, os nenos, estades pasando estes días de confinamento.
Magín é un vello coñecido noso xa que fumos a moitos dos seus concertos e aprendemos moitas das súas cancións. Bravo Magín!
ANIMÁDEVOS A CANTALA!
martes, 28 de abril de 2020
A FACER MELODÍAS!
Compón melodías e grávaas con esta simpática orquestra.
lunes, 27 de abril de 2020
PEQUENOS ARTISTAS
Hoxe, Unai, de 3º, convídanos a gozar da música nun entorno marabilloso.
Grazas por compartir!
XENIAL INTERPRETACIÓN!!!
jueves, 23 de abril de 2020
PEQUENOS ARTISTAS
Dentro desta sección hoxe temos a Daniela, de 3 anos e a Ainhoa de 3º que interpretan unha cantiga tradicional galega acompañándose coa pandeireta.
FANTÁSTICA CANCIÓN CHICAS!!!
XOGO DO AFORCADO
Animádevos a facer o xogo do aforcado.
Fixádevos nos pétalos da margarida porque se non colocades a letra correcta irán caendo e cada vez teredes menos oportunidades.
Prestade atención ao idioma. Todas as palabras están en galego!
Cada xogo terá un tema que aparecerá na parte superior da plantilla.
FIGURAS MUSICAIS
ESCALA MUSICAL
INSTRUMENTOS
miércoles, 22 de abril de 2020
O CONTO DE PEPIÑO
Moitos nenos me estades preguntando sobre como está Pepiño.
Atópase moi ben e está desexando encontrarse con todos vós.
Mentres tanto déixovos un conto sobre como vive Pepiño esta situación tan extraña.
lunes, 20 de abril de 2020
MUSIKEANDO CO XOGO DA OCA
Para esta semana déixovos un xogo da oca musical.
CANTAR, BAILAR E TOCAR!
É un xogo para facer en familia, xa que ten moitas actividades con diferentes graos de dificultade.
TODOS A XOGAR!
😄😄😄
jueves, 16 de abril de 2020
PEQUENOS ARTISTAS
Hoxe Fran quere compartir unha melodía que todos coñecedes, pero esta vez non tocará o trombón, interpretará a obra coa frauta doce.
miércoles, 15 de abril de 2020
PEQUENOS ARTISTAS
Hoxe María Beis, de 5º A, quere compartir con todos unha bonita melodía interpretada co violonchelo.
Fantástico María!!!
Premede na imaxe para escoitala.
martes, 14 de abril de 2020
CADA OVELLA COA SÚA PARELLA
Xogemos un pouquiño!
EMPARELLA O NOME DO INSTRUMENTO CO SEU DEBUXO
EMPARELLA CADA NOTA DA ESCALA CO SEU LUGAR NO PENTAGRAMA
CON MOITO RITMO!
Despois das vacacións de Semana Santa non estaría mal xogar un pouco coa música.
Déixovos diferentes actividades de ritmo.
Animádevos a xogar!
jueves, 2 de abril de 2020
INCREDIBOX
Ola chicos!
Déixovos "Incredibox", que é un xogo moi divertido co que podedes desenvolver a vosa creatividade creando ritmos e melodías.
Podedes xogar na versión web, que é gratuita, e ata o luns poderedes acceder a máis opcións do programa. Cando teñades o voso ritmo podedes gravalo.
ANIMÁDEVOS A XOGAR!
Entradas más recientes
Entradas antiguas
Inicio
Suscribirse a:
Entradas (Atom)