Imos cumprir un desexo de Grotus, que na súa carta dicíanos que lle gustaría escoitar con nós a música do conto "Peer Gynt", e comezaremos escoitando a música chamada "A MAÑÁ".
Faremos diferentes xogos e tocaremos instrumentos acompañando á orquestra que vemos no vídeo.
A principios do 2021 o cantante Nathan Evans fixo que unha balada tradicional de Nova Zelanda, chamada "The Wellerman", se fixese viral en redes sociais.
Faremos un xogo rítmico cos vasos para acompañar a versión orixinal.
Despois de ver a versión orixinal traballaremos cunha versión en castelán.
Os pequenos do colexio aprenderán esta canción infantil tradicional e tamén a utilizaremos para facer un divertido xogo no que haberá que buscar as chaves que estarán agachadas na aula de música.
XOGO: Colocarémonos en roda, collidos das mans, e cantaremos a canción mentres a roda xira no sentido contrario ás agullas do reloxo.
Cando rematen as estrofas a profe dirá o nome dun alumno que deberá sair da roda para buscar a chave pola aula. Se a atopa tena que poñer no medio da roda e a próxima vez que rematen as estrofas pode elixir a un compañeiro para que busque outra chave. Se non a atopa será a profe a que diga o nome doutro compañeiro para facer a busca a próxima vez.
O tempo para buscar a chave será o que dure a parte instrumental, que estará representada por este gracioso reloxo.
Esta semana celebraremos o Samaín, ademáis de cantando e bailando a canción de Mamá Cabra, tocando diferentes instrumentos rítmicos seguindo o musicograma.
Pronto será Samaín e ainda que este ano tampouco poderemos estar todos xuntos para celebralo, nas clases de música faremos cancións, danzas e xogos para converternos neses seres monstruos que se pasean polas rúas nestas datas tan terroríficos.
Imos recibir á nova estación coa música de Antonio Vivaldi.
O compositor, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.
Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.
Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.
Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación e aprenderedes a diferenciar as partes da música que son FORTES das que son PIANO.
Escoitamos o 3º movemento de "Outono".
Agora 3 simpáticas follas levarannos polo TEMA do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.
Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.
Agora tocaremos instrumentos da familia da madeira seguindo este divertido musicograma.
"Dance monkey" é un tema da cantante australiana Tones and I, publicado no ano 2019 e que chegou aos máis altos postos das listas de éxitos en diferentes paises do mundo.
Toni empezou cantando e bailando na rúa ata que o que se convertiría no seu manager a descubriu e invitouna a formar parte da súa axencia.
Imos traballar con esta canción bailando e tocando.
Déixovos 3 vídeos con coreografías para todo o mundo.
A BAILAR!
E agora imos acompañar a canción tocando diferentes ritmos, utilizando vasos ou calquera outro instrumento ou obxecto co que podades facer sons.
No mes das Letras Galegas traballaremos con música tradicional.
Empezaremos cunha canción moi xeitosa titulada "Muiñeira corrida".
Agora que xa coñecedes a canción imos acompañala con instrumentos tradicionais.
Xa sei que os instrumentos están no colexio, pero moitos de vós tedes na casa algún dos instrumentos que aparecen no vídeo e todos tedes botellas, culleres de pao ou de metal, vasos, tixolas, tapas... e calqueira cousa coa que podades facer sons. Utilizade a imaxinación!
Xa sabedes que a música tradicional sempre foi acompañada por calqueira utensilio da casa co que se puidera facer un ritmo.
Onte celebrouse, dun xeito algo extraño, o Día das Letras Galegas. Lembrade que este ano está dedicado a Ricardo Carvalho Calero.
Para conmemorar este día tan importante para os galegos imos aprender o Himno de Galicia.
O HIMNO GALEGO conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.
O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituido por "fogar de Breogán".
Sabedes quen foi Breogán? Premede na imaxe para ter máis información.
E agora vaiamos coa música!
Esta composición foi interpretada por primeira vez no 1907 na Habana (Cuba).
Vexamos unha interpretación da Real Filharmonía de Galicia.
Empecemos coa partitura.
Despois de ver a partitura contesta ás seguintes preguntas.
E agora A TOCAR!
Por último toca CANTAR!
¿Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.
Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,máis sóo os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.
Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, onde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.
Este post vai dirixido especificamente ao alumnado de 3º curso, xa que o confinamento pillóunos de cheo empezando a traballar coa frauta.
Déixovos aquí unha explicación moi detallada de como tocar a canción coa que iamos empezar, "Rondín Picotín", con partituras interactivas e un titorial. Veredes como vos axuda moito!