Mostrando entradas con la etiqueta VASOS MUSICAIS. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta VASOS MUSICAIS. Mostrar todas las entradas

martes, 12 de septiembre de 2023

WELLERMAN


A principios do 2021 o cantante Nathan Evans fixo que unha balada tradicional de Nova Zelanda, chamada "The Wellerman", se fixese viral en redes sociais.



Faremos un xogo rítmico cos vasos para acompañar a versión orixinal.

 


 Despois de ver a versión orixinal traballaremos cunha versión en castelán.







lunes, 16 de marzo de 2020

QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!

Deixovos o vídeo coa canción "Que guai" para cantar e tocar. Como xa falamos na clase, podedes utilizar calquera vaso de plástico ou cartón que teñades na casa. Se non tedes vasos usade unha botella de plástico ou outra cousa que se vos ocurra. O importante é tocar tal e como nos indica o vídeo.

Seguro que soará en Vilalonga unha orquestra peculiar!





domingo, 5 de marzo de 2017

QUE GUAI COS VASOS MUSICAIS!!!

Que guais son os vasos musicais, non si?

Pois imos acompañar a canción "QUE GUAI!" de Mamá Cabra con eses vasos musicais que nos trouxeron os Reis Magos.

Déixovos un vídeo co musicograma. Empecemos a practicar!!!





domingo, 27 de noviembre de 2016

INTERPRETAMOS "DIN DON"

Para completar o canto de berce "Din don", os nenos de 2º de primaria traballaredes cos nenos de 5 anos.
Os maiores cantaredes e tocaredes con metalófonos, xilófonos, axóuxeres e maracas e os nenos de infantil cantaredes... que o facedes pero que moi ben!.

Clicade na imaxe para aprender a letra da canción.


Esta canción tamén podemos acompañala cun instrumento moi peculiar, un vaso de plástico. 

Pediremos aos Reis Magos que nos traian ese agasallo e cando volvamos das vacacións de Nadal tocarémolos na clase.

Aquí vos deixo o musicograma que vos indicará como acompañar a canción con este instrumento de percusión, por se queredes ir practicando na casa.

Clicade no vaso para ver o musicograma.