Mostrando entradas con la etiqueta DON QUIXOTE. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DON QUIXOTE. Mostrar todas las entradas

martes, 10 de marzo de 2015

FEIRA MEDIEVAL

A Feira Medieval chegou ao seu fin e xa estamos de novo na nosa época. Os dous días de volta ao pasado foron fantásticos e o cole estaba precioso. 

Dentro de todas as actividades que se fixeron, na aula de música tiñamos dous importantes traballos: poñer un posto de venta de instrumentos feitos con material de refugallo, do que se encargaron os nenos de 1º e 2º, e dar un concerto medieval, que fixeron os de 3º, 4º. 5º e 6º.

As dúas actividades foron un éxito e no concerto ata nos pediron "bises".

Aquí vos deixo un pequeno resumo do traballo que fixemos.


viernes, 2 de enero de 2015

XOGO DE TRONOS

"Xogo de tronos" é unha famosa serie con moitos seguidores en todo o mundo.

A obra está ambientada nun mundo imaxinario onde sete reinos e varias familias loitan por ocupar o trono de ferro. Este mundo imaxinario poderiamos situalo nunha época parecida á medieval e ao igual que coa novela "O señor dos aneis" imos adentrarnos neste máxico mundo coas nosas mellores galas medievais.

Aquí vos deixo varios vídeos e a partitura coa melodía que imos traballar no 2º trimestre. Xa sabedes que todavía seguimos atrapados no medievo!!!







 Ata os Simpson se atreven con esta obra.

 


O SEÑOR DOS ANEIS

"O señor dos aneis", película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o "Anel único" e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Señor Escuro, Sauron.

Poderíamos situar esta novela nunha época similar á medieval, e como no 2º trimestre seguiremos atrapados nesta época imos traballar cunha melodía da banda sonora da película.




Aquí vos deixo a partitura para que a vaiades estudiando.


lunes, 15 de diciembre de 2014

MÄGO DE OZ E DON QUIXOTE

Aquí vos deixo unha fantástica versión da canción de "Don Quixote" que nos envía delokos.


Canta o grupo MÄGO DE OZ, grupo de folk metal, subxénero do heavy metal, e do que temos traballado algunha melodía na clase.

Grazas delokos!!!




domingo, 30 de noviembre de 2014

A TOCAR E A DANZAR!!!

Ola chicos de 1º, como me pedíchedes aquí vos deixo a melodía medieval coa que estamos bailando e tocando. 

Clicade no castelo para escoitala e prestade moita atención ás bandeiras que aparecen.

Saberiades dicirme que significan??? Teredes que contestar despois de escoitar a música.




domingo, 9 de noviembre de 2014

DANZA MEDIEVAL (2ª parte)

Seguimos coa nosa viaxe polo medievo utilizando a imaxinación da mesma forma que facía Don Quixote. Non imaxinamos que somos cabaleiros senón que imaxinamos que somos músicos da época.


Aquí está a partitura do Blog "Ana Music" coas modificacións que lle fixemos, xa sabedes que lle engadimos unha 2ª parte, e cos acompañamentos.




Lembrade que agora a melodía ten dúas partes:

  


A estrutura para tocar será:

     

INSTRUMENTOS MEDIEVAIS

Clicade na imaxe para saber algo máis sobre algúns dos instrumentos que se utilizaban na Época Medieval.




domingo, 28 de septiembre de 2014

CÁRMINA BURANA


No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII. 

A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.




Estes poemas medievais formaban a obra titulada "Cármina Burana" que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa "Cancións de Beuern" en latín.

Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra "Cármina Burana" que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.




Na clase imos traballar coa Introdución, titulada "Oh Fortuna", que tamén é a Conclusión da obra.

Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.








Aquí tedes a partitura coa melodía.




Aquí tedes a melodía cos acompañamentos.




domingo, 21 de septiembre de 2014

DANZA MEDIEVAL

Utilizade novamente a vosa imaxinación, xa sabedes, como fixemos na clase o outro día e trasladádevos á época medieval. 

Ao mellor atopades alí a un que lle daba moito a iso de viaxar no tempo coa súa imaxinación,  si, si,  Don Quixote!!! Estará danzando con Dulcinea???



Aquí vos deixo a partitura que atopei que xa empezamos na clase, para que a estudiedes.





martes, 16 de septiembre de 2014

MUSIKEANDO CON DON QUIXOTE

Don Quixote, Sancho Panza, Dulcinea, Rocinante... personaxes da famosa obra de Miguel de Cervantes, teñen sido protagonistas de moi diferentes tipos de cancións. 

Aquí vos deixo algúns vídeos para que vos vaiades familiarizando cos personaxes.