Esta semana Alex trouxo o acordeón a clase. Explicou aos seus compañeiros como se tocaba e despois tocou dúas melodías compostas por él mesmo.
Cando estaba tocando chegaron os nenos de 2º que estiveron moi interesados na súa interpretación.
Non vos asustedes polas caras dos nenos, é que antes pintáronse para tocar a canción "Os esqueletos".
Clicade no acordeón para ver a presentación do instrumento.
Escoitade unha peza tocada por Alex.
Agora podedes ver unha interpretación a catro mans: Antón manexa o teclado e Alex encárgase do fuelle. Clicade no debuxo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario