Mostrando entradas con la etiqueta GAITEIROS DA XISTRA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta GAITEIROS DA XISTRA. Mostrar todas las entradas

jueves, 16 de febrero de 2017

CONCERTO DE GAITEIROS DA XISTRA

O concerto foi moi divertido e varios nenos do colexio sairon ao escenario como axudantes dos músicos.

Aquí vos deixo unhas fotos e un vídeo, nos que aparecen ben guapiños!









viernes, 27 de enero de 2017

SANDRA E MEIROL EN XISTRALIA



O luns 6 de febreiro os alumnos de 3º e 4º asistiredes a un concerto de "Gaiteiros da Xistra" en Pontevedra.

Veremos unha divertida historia que transcurre na república independente de Xistralia. 
Non a busquedes nos mapas porque non a atoparedes pero asegúrovos que está aí, exactamente ocupa parte do sur de Galicia e do norte do pais veciño, Portugal.

En Xistralia viviremos unha aventura da man dunha rapaza chamada Sandra e dun caracol, que quere ser músico, chamado Meirol. Os dous deberán liberar aos nenos de Xistralia que foron raptados por Terco, un dragón de dúas cabezas. Terco rapta aos nenos e agocha os instrumentos musicais para que non poida haber festas.

Coñeceremos moitos instrumentos e diferentes ritmos galegos e axudaremos a Sandra e a Meirol a liberar aos rapaces. En Xistralia todo pode pasar!!!

Aquí temos uns pequenos fragmentos do espectáculo para ir abrindo boca!