Mostrando entradas con la etiqueta DIME QUE FIXECHES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta DIME QUE FIXECHES. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de marzo de 2023

CONCERTO DE MIGALLAS

O día 16 de xuño o grupo Migallas dará un concerto para o noso alumnado.

O espectáculo chámase "CANTAXOGA" e nel interpretarán cancións dos seus discos "Canta connosco" e "Pan de millo".

Déixovos aquí os temas cos que traballaremos na aula de música, para que podamos gozar deste fantástico concerto.

lunes, 8 de mayo de 2017

DIME QUE FIXECHES!


Cantaremos un clásico do grupo MIGALLAS. 

A canción "Dime que fixeches" a bo fe converterase nun éxito entre os máis pequenos do cole, pero temos un pequeno problema. Resulta que dous personaxes da canción non están na clase de música.

A cegoña coma ten moita vergoña escondeuse dos nenos e Antón non quixo deixala soa e agachouse con ela.

Pepiño contounos que están agachados polo cole, non é a primeira vez que o fan, e que temos como misión atopalos.
Explicounos que fai moitos anos xa escaparan da aula de música e que os nenos argallarán un plan  para atopalos que deu moi bos resultados.

O plan tiña dúas partes: a primeira parte consistiu en aprender a cantar a canción moi ben e a segunda parte foi ir por todo o colexio cantando a canción baixiño ata que a escoitaron a cegoña e Antón e sairon do seu escondite.

Como o plan foi todo un éxito este ano faremos o mesmo a ver se os atopamos pronto.

Imos coa primeira parte, APRENDAMOS A CANCIÓN MOI MOI BEN!