O día 30 de xaneiro celébrase, nos centros educativos, o Día da Paz.
Ese día conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Ghandi, que foi un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Nós, cantaremos a canción “Los niños queremos la paz” para celebrar un día tan importante.
A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.
Johann Strauss naceu e morreu en Viena e foi o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.
A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.
A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.
Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.
Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.
Os directores invitados a levar a batuta neste concerto son os mellores do mundo.
Imos ver as diferentes partes que ten a Marcha Radetzky.
Escoitade a melodía e prestade moita atención ás distintas partes.
Fixádevos que hai partes que son máis longas que outras.
O día 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIACONTRA A MULLER , e o alumnado de 6º curso creo unha coreografía para a canción "Que nadie" de Manuel Carrasco e Malú, que cantaremos e bailaremos todos xuntos o venres 24 de novembro.
Déixovos o video para que aprendades a coreografía.
A principios do 2021 o cantante Nathan Evans fixo que unha balada tradicional de Nova Zelanda, chamada "The Wellerman", se fixese viral en redes sociais.
Faremos un xogo rítmico cos vasos para acompañar a versión orixinal.
Despois de ver a versión orixinal traballaremos cunha versión en castelán.
No 2º trimestre, con motivo da conmemoración do "Día Escolar da Paz e da Non Violencia" o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha actividade de composición de ritmos e melodías.