lunes, 26 de junio de 2023
PEDRO E O LOBO
viernes, 2 de junio de 2023
OS OVOS DE DRAGÓN ESTÁN EN PERIGO!
O mago Malvado quere roubar 5 ovos de dragón para evitar que nazan os pequenos dragonciños.
Os nenos de Educación Infantil teñen unha importante misión: SALVAR OS OVOS!
IMOS ALÓ!
miércoles, 3 de mayo de 2023
SOMOS COMPOSITORES
No 2º trimestre, con motivo da conmemoración do "Día Escolar da Paz e da Non Violencia" o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha actividade de composición de ritmos e melodías.
Bo traballo!
viernes, 28 de abril de 2023
SALVEMOS A PEPIÑO!
O morcego Seis Ollos ten a Pepiño encerrado no castelo do fantasma Chistoso.
Debemos axudar a Chistoso a liberalo!
martes, 28 de marzo de 2023
BUSCANDO A DRAGONCÍN
viernes, 10 de marzo de 2023
CONCERTO DE MIGALLAS
O día 16 de xuño o grupo Migallas dará un concerto para o noso alumnado.
O espectáculo chámase "CANTAXOGA" e nel interpretarán cancións dos seus discos "Canta connosco" e "Pan de millo".
Déixovos aquí os temas cos que traballaremos na aula de música, para que podamos gozar deste fantástico concerto.
lunes, 27 de febrero de 2023
O MISTERIO DO CADRO DESAPARECIDO
A semana pasada celebramos o Día de Rosalía e escoitamos ao alumnado de 6º que recitou o poema "MIÑA CASIÑA, MEU LAR".
Esta semana os nenos e nenas de 4 anos vivirán unha aventura para atopar o retrato de Rosalía de Castro que desapareceu da súa habitación na Casa Museo, en Padrón.
Conseguirán atopalo?
Seguro que si!
lunes, 6 de febrero de 2023
SALVEMOS AOS DRAGÓNS!
Esta semana os nenos de 1º e 2º teñen unha importante misión.
Cinco ovos de dragón están en perigo porque o Mago Malvado quere roubalos para evitar que nazan os pequenos dragonciños.
Para conseguilo deberán superar as seguintes probas.
Imos aló!
domingo, 5 de febrero de 2023
EU NON SEI
AU CLAIR DE LA LUNE
Na viaxe que estamos facendo polo mundo durante este curso, os nenos e nenas de 1º viaxaron a París.
Na clase de música imos tocar "AU CLAIR DE LA LUNE", unha canción de cuna tradicional de Francia.
Tocarémola coas campás afinadas e utilizaremos 3 NOTAS: SI, LA e SOL.


























