Como remate do curso dous dos nosos "pequenos artistas" tocaron, entre outras pezas, a canción máis coñecida da película Titanic, que tamén traballamos na aula este curso, formando parte do repertorio de bandas sonoras coas que gozamos na clase de música.
Como remate do proxecto deste curso, "Un cole de película", os alumnos de 5º e 6º puxeron en escena un flashmob coa canción "We will rock you", da película "Bohemian Rhapsody", que previamente habían coreografiado.
O seu obxectivo era sorprender aos compañeiros e conseguírono.
Seguimos traballando coa obra de Antón Fraguas e co disco de Xoán Curiel, cunha canción con moito ritmo, "Quen me dera en Insuela", lugar onde atopamos a casa natal do escritor.
Quen
me dera en Insuela un pedaciño de terra,
para
ir botar a iauga e pasearme por ela.
Quen
me dera verte sempre algún día cada mes,
unha
vez cada semana e un día de cada vez.
Lerelele..
Quen
me dera ter a min a gargantiña dun galo,
cantar
como un reiseñor, falar como un papagaio.
Quen
me dera estar tan alto/a como a estrela do norte
Estamos a piques de celebrar unha data de gran importancia na nosa terra, o Día das Letras Galegas.
Este ano está dedicado a Antón Fraguas, e o músico Xoán Curiel quixo facerlle unha homenaxe publicando o libro-disco "Canta, miña pedra, canta", que está baseado na vida e obra do escritor.
Durante este mes traballaremos con algunhas das súas cancións e empezamos cunha ben marchosa, "Vai saír o tren".
Durante o segundo trimestre, e continuando co proxecto do centro "Un cole de película", o alumnado de 5º e 6º traballou coa película "Bohemian Rhapsody".
Unha das actividades que fixeron foi coreografiar a canción “We will rock you”, que forma parte da banda sonora da película, e poñerlle letra ao estribillo.
Vexamos o seu traballo! Noraboa chicos!
Pero esta película non acaba aquí.
No terceiro trimestre que todo o mundo teña os ollos ben abertos porque veremos o final.
"Radio Ga Ga" é unha canción escrita por Roger Taylor, baterista de Queen.
A canción trata o tema da creación da televisión e como esta foi desprazando á radio.
Foi catalogada como unha das cancións mais exitosas do grupo grazas ao seu videoclip e ás actuacións en directo. Era unha das preferidas do público, que cantaba e palmeaba ao mesmo tempo que a banda a interpretaba.
O día 25 de febreiro o alumnado de 1º e 2º asistiredes a un concerto do grupo "Mamá Cabra" en Pontevedra.
Como é un grupo que nos gusta moito sabemos que ímolo pasar moi ben.
O espectáculo leva por título "Eu cociño, ti cociñas?" e todas as cancións que forman parte do libro -disco falan, como non podería ser de outra forma, de comida.
Fíxadevos nestas fotos do concerto!
E como non está moi lonxe o entroido empezamos cunha canción titulada "Filloas".
BOHEMIAN RHAPSODY é unha película biográfica que conta a historia do cantante británico Freddie Mercury e do grupo de rock QUEEN.
A película conseguiu o premio "Globo de Oro" 2019 á Mellor película dramática.
Quen foi Freddie Mercury?... e QUEEN?
QUEEN é unha banda británica de rock formada no 1970 en Londres polo cantante Freddie Mercury, o guitarrista Brian May, o baterista Roger Taylor e o baixista John Deacon.
Un dos seus membros, Freddie Mercury, morreu no 1991 e John Deacon retirouse, pero a banda segue tocando baixo o nome de Queen.
"Bohemian Rhapsody" é unha canción escrita por Freddie Mercury no 1975 para o seu album "A night at the opera".
Cando se puxo á venta convertiuse nun gran éxito comercial, sendo un dos discos màis vendidos en Reino Unido.
Este tema é o que da nome a esta película sobre a banda.
Vexamos o trailer.
Dos moitos temas que aparecen na película traballaremos con dous dos máis famosos: "Radio ga ga" e "We will rock you".
Na seguinte escena de Bohemian Rhapsody veremos como se lle ocurriu ao grupo a canción de "We will rock you".
Este curso celebraremos o Día Escolar da Paz e da non Violencia, o 30 de xaneiro, cantando un bonito tema de Magín Blanco pertencente ao disco "A nena e o grilo nun barquiño".
Déixovos dous vídeos para que vaiades aprendendo a canción "Todos somos capitáns".