Mostrando entradas con la etiqueta OCEANÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta OCEANÍA. Mostrar todas las entradas

viernes, 1 de abril de 2011

OGÚ y MAMPATO EN RAPA NUI




Entusiasmado polas historias que lle conta o seu pai sobre a Illa de Pascua, Mampato decide visitar este lugar e coñecer máis sobre os seus misterios.

Co seu cinto espacio temporal, viaxa ata a prehistoria en busca do seu amigo e compañeiro Ogú, un simpático home das cavernas.

Xuntos viaxan a través do tempo e do espacio, ata a illa de Rapa Nui.

Nesta coñecen a unha pequena lugareña chamada Marama, que será a súa anfitriona, guía e compañeira nesta aventura.

Aquí tedes un pequeno fragmento da película.




RAPA NUI

RAPA NUI é unha película do ano 1994. A trama basease nas lendas de Illa de Pascua.

Ainda que moitas das situacións son ficticias, podemos considerala como unha atractiva fábula ecoloxista, na que destacan a boa fotografía e a espectacularidade das paisaxes.

Aquí vos deixo o trailer da película no que podedes ver un MOÁI xigantesco. Está en inglés porque non o atopei en castelán, pero seguro que iso non é un problema para vos, a que non?



martes, 22 de marzo de 2011

ILLA DE PASCUA


Dentro do proxecto que estamos desenrolando na  clase de música, "A VOLTA AO MUNDO NUNHA... CORCHEA", deixamos o continente africano para entrar de cheo en OCEANÍA.

Faremos unha visita a un lugar moi especial porque ten algo de misterioso: a Illa de Pascua.

A Illa de Pascua é tamén coñecida como RAPA NUI, o seu nome tradicional, que quere dicir "illa grande".

O mais representativo da Illa de Pascua son os MOÁIS, figuras de pedra que so se atopan alí.

Se queres saber mais sobre os MOÁIS clica na foto.




Agora podemos facer unha visita pola Illa de Pascua vendo este vídeo. Fixádevos na música que soa porque é a tradicional da illa!!!