Dentro do proxecto que estamos desenrolando na clase de música, "A VOLTA AO MUNDO NUNHA... CORCHEA", deixamos o continente africano para entrar de cheo en OCEANÍA.
Faremos unha visita a un lugar moi especial porque ten algo de misterioso: a Illa de Pascua.
A Illa de Pascua é tamén coñecida como RAPA NUI, o seu nome tradicional, que quere dicir "illa grande".
O mais representativo da Illa de Pascua son os MOÁIS, figuras de pedra que so se atopan alí.
Agora podemos facer unha visita pola Illa de Pascua vendo este vídeo. Fixádevos na música que soa porque é a tradicional da illa!!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario