viernes, 1 de diciembre de 2023

PASEO MUSICAL EN TRINEO


"Paseo musical en trineo" é unha obra composta por Leopold Mozart, pai do famoso Wolfgang Amadeus Mozart.



Imos acompañar esta obra utilizando as campás afinadas.
 




MARCHA RADEZTKY

A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.


Johann Strauss naceu e morreu en Viena e foi o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.



A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.


A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

Os directores invitados a levar a batuta neste concerto son os mellores do mundo.


 


 Imos ver as diferentes partes que ten a Marcha Radetzky.



Escoitade a melodía e prestade moita atención ás distintas partes.




Fixádevos que hai partes que son máis longas que outras.



viernes, 10 de noviembre de 2023

QUE NADIE

 


O día 25 de novembro conmemórase o DÍA INTERNACIONAL DA ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER , e o alumnado de 6º curso creo unha coreografía para a canción "Que nadie" de Manuel Carrasco e Malú, que cantaremos e bailaremos todos xuntos o venres 24 de novembro.

Déixovos o video para que aprendades a coreografía.

 

 Bo traballo!



martes, 12 de septiembre de 2023

WELLERMAN


A principios do 2021 o cantante Nathan Evans fixo que unha balada tradicional de Nova Zelanda, chamada "The Wellerman", se fixese viral en redes sociais.



Faremos un xogo rítmico cos vasos para acompañar a versión orixinal.

 


 Despois de ver a versión orixinal traballaremos cunha versión en castelán.







lunes, 11 de septiembre de 2023

BENVIDOS!!!

Benvidas e benvidos ao curso 2023-2024.


viernes, 14 de julio de 2023

lunes, 26 de junio de 2023

PEDRO E O LOBO


As nenas e os nenos de 2º curso de Educación primaria fixeron a súa propia versión do conto musical "Pedro e o lobo":












QUE BONITO!

viernes, 2 de junio de 2023

OS OVOS DE DRAGÓN ESTÁN EN PERIGO!




O mago Malvado quere roubar 5 ovos de dragón para evitar que nazan os pequenos dragonciños.

Os nenos de Educación Infantil teñen unha importante misión: SALVAR OS OVOS!

IMOS ALÓ!

miércoles, 3 de mayo de 2023

SOMOS COMPOSITORES

No 2º trimestre, con motivo da conmemoración do "Día Escolar da Paz e da Non Violencia" o alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria realizou unha actividade de composición de ritmos e melodías.

Bo traballo!

viernes, 28 de abril de 2023

SALVEMOS A PEPIÑO!


O morcego Seis Ollos ten a Pepiño encerrado no castelo do fantasma Chistoso.

Debemos axudar a Chistoso a liberalo!


martes, 28 de marzo de 2023

BUSCANDO A DRAGONCÍN


Dragoncín está perdido polo colexio. Os nenos de infantil teñen que axudar a Pepiño e a Sargantana a atopalo.

Conseguirano?