O proxecto deste curso, "UN COLE DE PELÍCULA", lévanos ata unha das bandas sonoras máis coñecidas da historia do cine.
A película TITANIC (1997) naceu da afección do seu director, James Cameron, ao submarinismo. Cando se sumerxiu no lugar onde se afundiu o barco sentiu que debía facer unha película que contara a historia do famoso transatlántico.

TITANIC gañou 11 premios Óscar, un deles á mellor banda sonora.
Se queredes ter máis información sobre o barco premede na imaxe.
E como dende o inicio do curso estamos metidos de cheo na música do cine agora tocaremos unha adaptación da banda sonora da película.
Déixovos dous vídeos, un do trailer e outro cunha interpretación de Celine Dion que canta "My heart will go on", a cancion máis coñecida da banda sonora orixinal.
No hay comentarios:
Publicar un comentario