sábado, 17 de noviembre de 2018

O MAGO DE OZ


"O mago de Oz" é unha película musical do ano 1939.

A película estivo nominada a varios premios Óscar e conseguiú dous, un deles á mellor canción por "Over the rainbow", que tocaremos na clase.

Está baseada na novela infantil "O maravilloso mago de Oz" de Frank Baum. 

A protagonista da historia é Dorothy, unha rapaza que vive en Kansas cos seus tios. 
Cando un tornado atraviesa a zona, a casa da xoven é absorbida con ela dentro. Cando o furacán remata, Dorothy descubre que aterrou nun mundo extraño e marabilloso chamado Oz, onde existe a maxia. Desexosa de volver a casa, Dorothy comeza a percorrer o camiño de baldosas amarelas, unha senda que a leva ata Cidade Esmeralda, lugar onde habita o mago. Só el poderá devolvela a Kansas.

Durante o camiño Dorothy coñecerá a distintos compañeiros de viaxe: un león cobarde, un espantallo sen cerebro e un home de hojalata sen corazón. Xuntos seguirán o camiño para pedirlle unha cousa cada un ao mago de Oz. O león pediralle coraxe, o espantallo un cerebro e o home de hojalata un corazón. 

Polo camiño deberán enfrentarse a diferentes peligros, como as malvadas bruxas que non desexan que acaden a súa meta.

De súpeto Dorothy esperta na súa cama. Parece que todo foi un sono...!  ou quizais non...!

No seguinte vídeo podedes escoitar a canción que tocaremos e veredes un pequeno resumo das aventuras de Dorothy.








No hay comentarios: