jueves, 26 de diciembre de 2013

DEBUXANDO O CONCERTO!!!

Así viron o concerto "A nena e o grilo nun barquiño", os nenos de 1º e 2º de Educación Primaria.

Os debuxos son tan fantásticos como foi o espectáculo!!!

OS DEBUXOS DE 1º



OS DEBUXOS DE 2º




martes, 24 de diciembre de 2013

BO NADAL!!!

Ola chicos! 

O día do festival estiven agochado entre o público e vin como tocábades a miña música favorita, os de 5º "A mañá" e os de 6º  "Na gruta do rei da montaña"; fixéchedelo moi ben e disfrutei moitísimo. Tamén me gustaron moito o resto das actuacións.

Creo que vos merecedes un bo descanso. Vémonos no vindeiro ano!!!

BICOS DE MÚSICA E FELICES MELODÍAS!!!




martes, 3 de diciembre de 2013

A MAÑÁ


"A mañá" é a peza que abre a Suite nº 1.

Os instrumentos de vento madeira son os protagonistas na exposición do tema. A intensidade vai aumentando no desenrolo da obra, ata alcanzar un forte que quere indicar a saída do sol soando con forza os instrumentos da familia da corda frotada.

Está escrita nun compás ternario e o tempo é allegretto pastorale.


Aquí vos deixo a partitura para que vaiades practicando.



Se queredes unha axudita para ler a partitura clicade na foto.


jueves, 28 de noviembre de 2013

ASÍ FOI O CONCERTO!!!

O martes asistimos a o concertó "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO" en Pontevedra, que foi FANTÁÁÁÁÁSTICO.
Disfrutamos todos moitísimo coas cancións de Magín e coas aventuras da nena e do grilo.
Xa tiñamos noticias de que Grotus quería asistir ao concerto. Hai nenos que din que o viron, eu non o vin pero cando descarguei  as fotos da cámara levei una gran sorpresa.
https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/CONCERTO%20A%20NENA%20E%20O%20GRILO/CONCERTO%20A%20NENA%20E%20O%20GRILO%20NUN%20BARQUI%C3%91O.swf


lunes, 25 de noviembre de 2013

UN XOGO PARA OS MÁIS PEQUENOS

Os pequenos do cole tamén están aprendendo moitas cousas sobre Edvard Grieg e a súa obra máis coñecida, "Peer Gynt".

Déixovos este xogo para que repasedes o que traballamos na clase. PASADEO BEN!!!





sábado, 23 de noviembre de 2013

O ESPANTALLO DIVERTIDO

Aquí tedes unha canción do novo disco de Migallas coa que imos participar no proxecto do colexio deste curso, "CADA PAXARO NO SEU NIÑO".

Clicade na imaxe para escoitar a canción.





Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

Catro farrapos vellos
e palla de centeo.
Cabeza de cabaza,
nariz de pataca
e levo por sombreiro
o fondo dun cesto. (Bis)


Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

Fun feito “pra” dar medo
aos corvos e aos merlos,
ás pegas rabilongas,
ás rulas, ás pombas,
pardais e paporrubios…
que todos se escondan! (Bis)



Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

E busco pola leira,
debaixo das maceiras,
enriba das patacas,
do millo, das fabas,
debaixo da verdura,
na froita madura. (Bis)


Un espantallo divertido son.
Teño paxaros sempre ao redor. (Bis)

E voan pola veiga.
Escapan ás carreiras
e logo, moi cansados,
xa van acougando
e veñen ao meu lado
cantando e piando. (Bis)



domingo, 17 de noviembre de 2013

A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO

O día 26 de Novembro os nenos de 1º ciclo asistiredes a un concerto en Pontevedra titulado "A NENA E O GRILO NUN BARQUIÑO".

Nese concerto Magín Blanco conta as aventuras dunha nena e dun grilo que van descubrindo o mundo a través dos contos e das cancións. 

Vai ser un concerto fantástico e aquí vos deixo algúns vídeos que traballaremos na clase a vindeira semana.

Ah, por certo, teño entendido que GROTUS ten moitas gañas de ver esta actuación ou sexa que os ollos ben abertos ese día.
















Lembrade que cando asistimos a un concerto temos que cumplir unhas normas especiais para este tipo de representacións.

Clicade no esceario para repasalas!!!




sábado, 16 de noviembre de 2013

EH, MENIÑA EHH!!

Chegáronme noticias de que Grotus non durme moi ben ultimamente. Eu creo que tanto viaxe nocturno de Noruega ata Vilalonga deixóulle o sono cambiado!

Que vos parece se lle cantamos unha anaina para ver si conseguimos que durma coma un tronco???

Esperemos que funcione pero que non se quede durmido no colexio xa que o susto que podemos levarnos cando cheguemos pola mañá  pode ser de campionato!

clicade no debuxo para escoitar a canción




Eh, meniña, eh, que aí ven o cocón
a buscala nena que non durme non
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


Eh, meniña, eh que chegan o te
e mailas papiñas nun cacharolé
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


Eh  meniña, eh, zapato no pe
sardiña salgada pra o noso Xosé
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


Eh  meniña, eh, zapato no pe
papá vai na vila a buscalo café
eh, meniña, eh, eh, meniña, eeeh.


domingo, 10 de noviembre de 2013

TRABALLAMOS COA BIOGRAFÍA DE EDVARD GRIEG

Durante esta semana os alumnos de 2º e 3º ciclos fixeron diferentes xogos para aprender cousas sobre o compositor EDVARD GRIEG.

Divertímonos moito e aquí vos deixo algunhas fotos dese traballo. Clicade na imaxe e a disfrutar!!!





E agora se clicades na foto de Edvard Grieg escoitaredes a súa biografía. Lembrade que as ilustracións están feitas por compañeiros vosos que fai bastante tempo que deixaron o colexio. A que están moi ben???




martes, 5 de noviembre de 2013

EDVARD GRIEG: BIOGRAFÍA




Imos estudar a biografía de EDVARD GRIEG, xa sabedes o compositor de "Peer Gynt", cun xogo.

A biografía estará cortada en diferentes pezas que vos debedes atopar e ordear. Estas pezas estarán agochadas polo colexio.

Para facer o xogo traballaredes en equipo, de forma cooperativa, e xa sabedes escoitando a todos os membros e respectando as ideas de cada un. ESTE É UN DOS ASPECTOS MÁIS IMPORTANTES NA AVALIACIÓN DESTA ACTIVIDADE!!!

Cada equipo deberá atopar as súas pezas e ordealas cronolóxicamente e logo entre todos os equipos teredes que completar a biografía.

Unha vez que teñades o traballo rematado veremos a biografía ilustrada con debuxos que fixeron compañeiros vosos fai xa bastantes anos cando estudamos este compositor, e comprobaredes se a biografía que vos ordeáchedes está correcta. Se non fora así teriades que corrixila.


PARA ENTRAR NO XOGO DEBEDES CLICAR NO DEBUXO DA VOSA CLASE E DO VOSO GRUPO.


MOI IMPORTANTE: CADA XOGO NON ESTARÁ ACTIVO ATA O DÍA QUE TEÑAMOS CLASE DE MÚSICA!!!





https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/LIM%20XOGO%20BIOGRAFIA%20GRIEG/xogo_biografia_5_b1.html


https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/LIM%20XOGO%20BIOGRAFIA%20GRIEG/xogo_biografia_5_b2.html


https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/LIM%20XOGO%20BIOGRAFIA%20GRIEG/xogo_biografia_5_b3.html


https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/LIM%20XOGO%20BIOGRAFIA%20GRIEG/xogo_biografia_6_a1.html


https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/LIM%20XOGO%20BIOGRAFIA%20GRIEG/xogo_biografia_6_a2.html


https://dl.dropboxusercontent.com/u/19872627/BLOG%20MUSIKEANDO/CURSO%202013-14/LIM%20XOGO%20BIOGRAFIA%20GRIEG/xogo_biografia_6_a3.html