Érase unha vez que alguén secuestrou ás notas e ás figuras musicais...
Se queredes saber o que pasou clicade na clave de sol.
Se queredes ler...
lunes, 27 de mayo de 2013
jueves, 18 de abril de 2013
A PITA PODEIRA
Por fin chegou a pita podeira ao blog, creo que se retrasou porque estaba poñendo un ovo!!!!!
domingo, 7 de abril de 2013
PEQUENOS INTÉRPRETES
Durante este trimestre os nenos de Educación Infantil estiveron traballando co conto musical "Pedro e o lobo".
Aquí vos deixo un resumo da historia cunhas fantásticas ilustracións que atopei no blog do CEIP Miguel de Cervantes de Málaga.
Como remate, os nenos de 4 e 5 anos quixeron interpretar o seu propio conto: elixiron instrumentos da clase e escolleron os personaxes que querían ser e aquí está o resultado.
Os nenos de 4 anos A elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:
- PEDRO: METALÓFONO
- AVÓ: CASTAÑOLAS
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: PLATILLO
- PATO: CASCABEIS
- LOBO: CARRACA
clicade no debuxo para ver o conto
Os nenos de 4 anos B elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:
- PEDRO: METALÓFONO
- AVÓ: CASTAÑOLAS
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: CASCABEIS
- PATO: PLATILLO
- LOBO: CARRACA
clicade no debuxo para ver o conto
Os nenos de 5 anos A elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:
- PEDRO: METALÓFONO
- AVÓ: CASTAÑOLAS
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: CASCABEIS
- PATO: PLATILLO
- LOBO: CARRACA
clicade no debuxo para ver o conto
Os nenos de 5 anos B elixiron os instrumentos e os personaxes aos que representan:
- PEDRO: CAMPÁS
- AVÓ: CAIXA CHINESA
- CAZADORES: TIMBAIS E BOMBO
- PAXARO: TRIÁNGULO
- GATO: MARACAS
- PATO: CLAVES
- LOBO: TEMPLE BLOCK
clicade no debuxo para ver o conto
SON UNS ARTISTAS!!!
Etiquetas:
CONTO MUSICAL,
INFANTIL,
INSTRUMENTOS,
PEDRO E O LOBO
ANTONIO VIVALDI: PRIMAVERA
Xa estamos na primavera!!!
Imos ver como nos conta Vivaldi coa súa música o que sucede nesta estación.
O concerto titulado PRIMAVERA ten 3 movementos:
- 1º movemento: Allegro
- 2º movemento: Largo
- 3º movemento: Allegro
Clicade na flor para escoitar o 1º movemento
No seguinte vídeo de Música en Alcalá podemos disfrutar dunha bonita historia.
domingo, 17 de marzo de 2013
domingo, 10 de marzo de 2013
ENSAIOS "SOMOS COMPOSITORES"
Aquí vos deixo o CALENDARIO DE ENSAIOS para as dúas semanas que quedan antes das vacacións de Semana Santa.
Observaredes que os ensaios serán na aula de música e na aula da AMPA porque foi a única maneira de conseguir que todos ensaiedes nesas dúas semanas. Non hai ningún problema porque colledes os instrumentos e os trasladades.
Lembrade que os ensaios son obrigatorios para todos e ninguén debe saltalos. Apuntade o día que vos toca para que non haxa despistes, je je.
domingo, 17 de febrero de 2013
ROCK DE LAS NOTAS
Unha divertida canción para aprender as notas musicais que pertence ao disco "Canciones del Duende Juan".
Etiquetas:
CANCIÓN,
LINGUAXE MUSICAL,
ROCK DE LAS NOTAS
WEBQUEST SOMOS COMPOSITORES
Con motivo de asistir ao concerto do grupo de percusionistas ODAIKO estivemos facendo algunhas actividades na clase de creación de ritmos utilizando instrumentos de percusión corporal.
Agora imos ir un pouco máis alá con esta webquest.
QUE AS MUSAS VOS ACOMPAÑEN!!!
Etiquetas:
INSTRUMENTOS,
LINGUAXE MUSICAL,
PERCUSIÓN,
WEBQUEST
lunes, 11 de febrero de 2013
DE CONCERTO CON ODAIkO!!!
Todos disfrutamos moito no concerto do grupo de percusión Odaiko, pero o que non perdeu nin un detalle foi o noso percusionista particular, Pedro, do que vos deixo aquí un par de vídeos gravados neste verán.
domingo, 3 de febrero de 2013
PREPARANDO O ENTROIDO
Un ano máis aproveitaremos a festa do Entroido para reivindicar a construción do novo colexio xa que este está que cae.
Este ano a Comunidade Educativa do CEIP Cruceiro pasaremos a converternos en prometedores artistas circenses.
A nosa comparsa chamarase "O GRAN CIRCO DO REVEL" e desfilaremos ata os terreos onde se construirá o novo cole ( tal vez algún día!!!!!!!!!!!!!!).
Amenizaremos tanto o desfile como a festa no colexio con cancións que debemos ir preparando.
"LA MAGIA DEL CIRCO" de Parchís.
E para bailotear ...
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



















