domingo, 5 de febrero de 2023
EU NON SEI
AU CLAIR DE LA LUNE
Na viaxe que estamos facendo polo mundo durante este curso, os nenos e nenas de 1º viaxaron a París.
Na clase de música imos tocar "AU CLAIR DE LA LUNE", unha canción de cuna tradicional de Francia.
Tocarémola coas campás afinadas e utilizaremos 3 NOTAS: SI, LA e SOL.
lunes, 23 de enero de 2023
QUEREMOS PAZ
O alumnado de 6º curso de Educación Primaria fixo a coreografía para a canción "Queremos paz", que cantaremos e bailaremos o luns 30 de xaneiro.
Danzemos con eles!
viernes, 20 de enero de 2023
PEDRO E O LOBO
martes, 17 de enero de 2023
QUEREMOS PAZ
O 30 de xaneiro celébrase o "Día Escolar da Paz e da Non Violencia", e este ano queremos pedir o remate da guerra entre Rusia e Ucraína.
Na aula de música utilizaremos unha canción do grupo mexicano de rock, Maná, para pór o noso gran de area en prol da PAZ.
domingo, 8 de enero de 2023
MARCHA DE LOS ELFOS
ATENCIÓN FRAUTISTAS PRINCIPIANTES!
Con esta divertida melodía practicaremos as notas SI e LA coa frauta.
domingo, 1 de enero de 2023
jueves, 8 de diciembre de 2022
AXUDEMOS A PAPÁ NOEL!
O Grinch roubou o trineo de Papá Noel, que estaba cheo de agasallos para repartir aos nenos e nenas de todo o mundo.
Papá Noel pediulle a Pepiño e a Sargantana que lle axuden a buscalo, pero para conseguir atopalo necesitarán a colaboración dos nenos e nenas de Infantil.
Chicos, temos unha misión!












