Como se achega a celebración do DÍA DE ROSALÍA, na aula de música estamos traballando cun poema da autora chamado "Xan"ao que puxo música Uxía Senlle.
A canción é tan bonita que Pepiño e Sargantana namoráronse de Rosalía e quixeron coñecela mellor. Para iso decidiron, esta fin de semana, facer unha viaxe ata a CASA MUSEO DE ROSALÍA.
Alí visitaron todas as estancias da casa e o fantástico xardín.
Gustoulles todo moitísimo, pero o que máis lles impresionou foi o retrato de Rosalía que había na súa habitación. Era precioso!
Cando xa marchaban atoparon na porta á un policia que lles informou de que o retrato de Rosalía acababa de desaparecer.
Pepiño e Sargantana dixéronlle que eles, coa axuda dos nenos do colexio Cruceiro de Vilalonga, poderían axudar a buscalo. O policia aceptou a súa axuda, xa que era moi importante atopar o cadro desaparecido.
O grupo Tanxugueiras participou a pasada noite na 1ª semifinal do Benidorm Fest, e cunha actuación espectacular conseguiu clasificarse para a final, que se celebrará o sábado.
TANXUGUEIRAS é un trío de pandereteiras galegas formado por Aida Tarrío e Olaia e Sabela Maneiro.
Empezaron a cantar xuntas no ano 2016 e fixéronse famosas coa súa música a través das redes sociais.
Gravaron o seu primeiro disco no ano 2018.
O seu estilo é unha fusión de música tradicional galega con sons urbáns, mesturando así as pandeiretas con xeneros coma o trap ou a música electrónica.
Pese a levar poucos anos cantando xa deron concertos en diferentes paises e acumulan moitos premios.
O pasado ano fixéronse moi coñecidas porque son candidatas a representar a España no festival de Eurovisión 2022 cunha muiñeira chamada "TERRA".
A finais deste mes de xaneiro saberemos se son elixidas coma as nosas representantes.
De conseguilo, sería a primeira vez que unha canción que non está en castelán nos representara no Festival de Eurovisión.
Vexamos o vídeo oficial da canción "Terra".
Cantaremos a canción e acompañarémola con instrumentos tradicionais seguindo o musicograma.
Ludwig van Beethoven foi uns dos grandes compositores da Historia da música.
Naceu na cidade alemana de Bonn o 16 de decembro de 1770 e morreu en Viena (Austria) o 26 de marzo de 1827.
O seu pai era músico e traballaba na Corte.
O pequeno tivo unha infancia dura e triste.
Aínda que a súa nai o quería moito o seu pai non o trataba moi ben. Quería que fora como Mozart e isto facía que lle obrigase a practicar co piano durante horas e horas.
Pese a isto, a Beethoven gustáballe moito a música polo que con 10 anos decidiu dedicarse enteramente ao seu estudo.
Moi probablemente o dato que máis chamou a atención de Beethoven foi a súa sordeira.
Pénsase que os primeiros síntomas apareceron cando tiña 26 anos. Empezou a ter zumbidos nos oidos, como se tivera dentro un mosquito. A dor facíase máis insoportable cando oía sons fortes e foi empeorando ata quedarse totalmente xordo.
Pese a isto Beethoven tiña as melodías na súa cabeza e podía sentir a música a través das vibracións.
Déixovos aquí un enlace a unha páxina moi interesante sobre a vida e a obra deste xenial compositor.
Fixéronse tamén varias películas sobre a súa vida.
Aquí temos o tráiler de "Copying Beethoven", que conta a historia dunha estudiante do conservatorio que vai traballar como copista á súa casa, xa que naquela época as partituras ou se imprimian nas imprentas ou se copiaban a man, para logo poder vendelas.
A sinfonía nº 9 en re menor, op. 125, coñecida como "Coral" é a última sinfonía do xenial compositor.
Foi estreada o 7 de maio de 1824 en Viena. Beethoven compartiu o escenario con outro director xa que él estaba practicamente xordo.
Está dividida en catro movementos e imos centrarnos no 4º, que resultou moi orixinal pola introducción de catro solistas e un coro que cantan acompañados pola orquestra.
O tema principal deste movemento é o coñecidísimo "Himno a la alegría" co que imos traballar.
O "Himno a la alegría" foi elixido como himno da Unión Europea no 1985.
Vexamos unha interpretación do 4º movemento da 9ª sinfonía por "O coro máis grande do mundo".
Aquí vos deixo unha graciosa interpretación de "Mr Bean" en Alemania.