Neste trimestre os nenos de Educación Infantil traballarán co conto "O lobo e os tres porquiños" e estou segura que van pasalo pero que moi ben.
Empezamos coa versión do conto que fixo Disney.
Despois de gozar co conto escoitaremos a canción que cantaremos e dramatizaremos. A aula de música converterase no bosque no que viven estes personaxes e os nenos meteránse na súa pel.
A canción "Yo contigo, tú conmigo" da película "Gru 3. Mi villano favorito" acompañará a todas as publicacións de fotos no blog cando traballemos aprendizaxe cooperativa.
Todos aprenderemos esta canción durante este trimestre e o alumnado de 5º e 6º deberán facer unha coreografía que bailaremos todo o colexio.
Todo o traballo relacionado con este tema farémolo utilizando estruturas de aprendizaxe cooperativa.
Temos moito traballo por diante ou sexa que moitos ánimos para todos.
Irei publicando diferentes entradas no blog explicando cada unha das actividades, pero para empezar aquí déixovos dous vídeos.
Durante o segundo trimestre estiven traballando con estruturas de aprendizaxe cooperativa en diferentes cursos.
Co alumnado de cuarto utilicei a estrutura de "folio xiratorio", no noso caso "partitura xiratoria", para estudiar as partituras das cancións que tocaron coa frauta e outros instrumentos da aula.
O resultado deste tipo de organización segue a ser moi satisfactorio xa que os alumnos interactúan dunha forma totalmente colaborativa e buscando o mellor resultado.