Mostrando entradas con la etiqueta SOMOS COMPOSITORES. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta SOMOS COMPOSITORES. Mostrar todas las entradas

domingo, 11 de febrero de 2018

O MONSTRO DE CORES: CONTO MUSICAL


No primeiro trimestre deste curso iniciamos o Proxecto "Somos compositores: O monstro de cores".

Os nenos de 3º curso de primaria convertiron esta historia nun conto musical. 

Elixiron os instrumentos e compuxeron as partituras, excepto a dunha emoción coa que quixeron facer un pequeno homenaxe ao Nadal.

Representaron o conto no Festival de Nadal, con gran aceptación por parte do público.

Neste segundo trimestre toca gravar o conto en vídeo e facelo tamén en papel, xa que formará parte da nosa biblioteca.

O vídeo xa está listo e quedou moi simpático. Esperamos que vos guste!




miércoles, 16 de agosto de 2017

SOMOS COMPOSITORES!

Máis vale tarde que nunca!

Por fin puiden publicar o traballo que fixeron os alumnos de 3º durante o pasado curso.

Para empezar a tocar coa frauta tiveron que inventar unha melodía entre todos e o resultado non está nada mal.

Déixovos o traballo rematado para que pasedes un bo rato!