Mostrando entradas con la etiqueta 9ª SINFONÍA. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta 9ª SINFONÍA. Mostrar todas las entradas

jueves, 26 de marzo de 2020

GRANDES COMPOSITORES! LUDWIG VAN BEETHOVEN


Nun post anterior a este escoitabamos a interpretación do "Himno á alegría" da 9ª sinfonía de Beethoven.

Beethoven foi un dos grandes xenios da historia da música. Lembrade que quedou xordo e aínda así foi capaz de compoñer melodías marabillosas.


Déixovos unha orixinal biografia do xenial Beethoven.




Antes falabamos do "Himno á alegría" e aquí vos deixo un vídeo para que intentedes tocalo con calquera instrumento melódico que teñades na casa.

Se non tedes un instrumento melódico podedes tocar o ritmo con instrumentos de percusión corporal ou con calquera obxecto que atopedes pola casa co que podades facer sons.




Os frautistas podedes intentar tocar esta melodía, con sons máis agudos, utilizando o seguinte titorial.



E agora xogemos un pouco!

No ano 2015 un doodle de Google lembrou as obras máis coñecidas do músico. 

Atrevédevos a xogar!



Para rematar podedes facer estes puzzles, O primeiro é máis sinxelo e o segundo un pouquiño máis complicado.






domingo, 17 de enero de 2016

NOVENA SINFONÍA DE BEETHOVEN

A sinfonía nº 9 en re menor, op. 125, coñecida como "Coral" é a última sinfonía do xenial compositor. Foi estreada o 7 de maio de 1824 en Viena. Beethoven compartiu o escenario con outro director xa que él estaba practicamente xordo.

Está dividida en catro movementos e imos centrarnos no 4º, que resultou moi orixinal pola introducción de catro solistas e un coro que cantan acompañados pola orquestra. O tema principal deste movemento é o coñecidísimo "Himno a la alegría" co que imos traballar durante este mes.

O magnífico director Riccardo Muti dirixe á Orquestra Sinfónica de Chicago nunha boísima interpretación da 9ª sinfonía na que podemos ver con moito detalle os diferentes instrumentos.

Xa que é moi longa déixovos aquí onde comezan aqueles fragmentos que escoitaremos na clase, pero quen queira animarse a escoitar máis... adiante!!!..., seguro que vai  disfrutar!!!

No minuto 52, 16 segundos comeza o IV movemento.

No minuto 55, 27 segundos comeza, pianissimo, a melodía que xa coñecemos.

No minuto 59, 22 segundos comeza o baixo a cantar e a continuación séguelle o coro.





Agora veremos un Flash Mob en Sabadell onde os músicos sorprenden ás persoas que pasean pola rúa coa súa interpretación.



Outra interpretación máis do 4º movemento da 9ª sinfonía, "O coro máis grande do mundo".



O "Himno a la alegría" foi elixido como himno cando se creou a Unión Europea. Aquí vos deixo unha graciosa interpretación de "Mr Bean" en Alemania.





Fixéronse varias películas sobre a vida de Beethoven. Aquí vos deixo o tráiler de "Copying Beethoven" que conta a historia dunha estudiante do conservatorio que vai traballar como copista de Beethoven. Lembrade que falamos que naquela época as partituras ou se imprimian nas imprentas ou se copiaban a mano, para logo poder vendelas.



sábado, 16 de enero de 2016

INTERPRETAMOS A BEETHOVEN!


Déixovos a partitura para tocar o "Himno a la alegría". Sexamos como Beethoven!!!


Se clicades no debuxo tedes un xogo para axudarvos a aprender a melodía.