domingo, 25 de octubre de 2026

NAIS E AVOAS


Este curso conmemoraremos o "Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra as Mulleres" cantando e bailando unha canción de Pauliña, artista de Cambados.


Con esta canción, Pauliña quere lembrar ás mulleres que loitaron antes ca nós polo dereito a vivir sen medo, sen control e sen violencia.





martes, 28 de abril de 2026

HIMNO GALEGO


O HIMNO GALEGO conxuga o poema "Os pinos" de Eduardo Pondal cunha composición musical de Pascual Veiga.

O nome de Galicia non figura no poema, sendo substituido por "fogar de Breogán".

Sabedes quen foi Breogán? Premede na imaxe para ter máis información.



E agora vaiamos coa música!

Esta composición foi interpretada por primeira vez no 1907 na Habana (Cuba).

Vexamos unha interpretación da Real Filharmonía de Galicia.


Despois de ver a partitura contesta ás seguintes preguntas.




E agora A TOCAR!









¿Que din os rumorososna costa verdecente,ao raio transparentedo prácido luar?¿Que din as altas copasde escuro arume arpadoco seu ben compasadomonótono fungar?
Do teu verdor cinguidoe de benignos astros,confín dos verdes castrose valeroso chan,non des a esquecementoda inxuria o rudo encono;desperta do teu sonofogar de Breogán.
Os bos e xenerososa nosa voz entendene con arroubo atendeno noso ronco son,máis sóo os iñorantese féridos e duros,imbéciles e escurosnon os entenden, non.
Os tempos son chegadosdos bardos das edadesque as vosas vaguedadescumprido fin terán;pois, onde quer, xigantea nosa voz pregoaa redenzón da boanazón de Breogán.












lunes, 2 de febrero de 2026

É TEMPO DE ENTROIDO!

Cada vez queda menos para que esteamos en plena celebración  do Entroido.

Os alumnos e alumnas de 4º curso disfrazaranse de granxeiros e granxeiras e adornarán o seu desfile cunha graciosa coreografía.

Preparados para bailar?



domingo, 19 de octubre de 2025

SIN MIEDO


Este curso conmemoraremos o "DÍA INTERNACIONAL PARA A ELIMINACIÓN DA VIOLENCIA CONTRA A MULLER" coa canción "Sin miedo" de Eria Mayo.


Déixovos o vídeo para que vaiades aprendendo a canción, e pronto o alumnado de 6º terá preparada unha coreografía para acompañala.




jueves, 29 de mayo de 2025

CÉ ORQUESTRA PANTASMA

 

O mércores 18 de xuño recibiremos no colexio a visita de Cé Orquestra Pantasma e gozaremos cun fantástico concerto.




jueves, 15 de mayo de 2025

AXUDAMOS A PEPIÑO E A SARGANTANA!


Unha vez máis Pepiño e Sargantana precisan da nosa axuda!


martes, 18 de febrero de 2025

CHEA DE VIDA

Para conmemorar o "Día da muller" cantaremos a canción de Guadi Galego "Chea de vida", acompañándonos de linguaxe de signos.




jueves, 13 de febrero de 2025

BUSCANDO AOS PERSONAXES DO CONTO "PEDRO E O LOBO"

Algo moi estraño ocurriu onte no colexio. Os personaxes do conto musical "Pedro e o lobo" desapareceron misteriosamente da película.

Temos unha nova misión para os nenos, xa que deben atopalos para poder ver de novo a película que tanto lles gusta.

QUE TEÑAN MOITA SORTE!!!

jueves, 28 de noviembre de 2024

NANA

 


Fixádevos como durme esta meniña!

Sabedes cal é a súa canción favorita?

Se queredes aprendela prestade moita atención ao seguinte vídeo.





miércoles, 16 de octubre de 2024

OLELÉ MOLIBA MAKASI

"Olelé Moliba Makasi" é unha canción de cuna tradicional da República do Congo, en África.    







Déixovos a letra, nun dos idiomas que se falan no Congo, que é o lingala, e a tradución ao galego.






martes, 15 de octubre de 2024

SALIR CORRIENDO


Este  curso conmemoraremos o "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller" coa canción "Salir corriendo", do grupo Amaral.



jueves, 12 de septiembre de 2024

SALVEMOS AO MONSTRO DE CORES!

Comezamos este curso cunha nova aventura.

Esta vez o monstro de cores está en perigo. Queredes axudalo?

IMOS ALÓ!

COMEZA UN NOVO CURSO!




domingo, 19 de mayo de 2024

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS

Despois de gozar co concerto de "Cinco en zocas", seguiremos escoitando no colexio música en galego.

O mércores 19 de xuño recibiremos a Paco Nogueiras que nos presentará diferentes temas do seu espectáculo "C@nto contigo".

Veremos na clase algunas destas cancións

miércoles, 8 de mayo de 2024

CINCO EN ZOCAS

 


O vindeiro mércores, 15 de maio, gozaremos cun concerto do grupo de pandereteiras “Cinco en zocas”, no que toca a mamá de Vega e de Pedro.

Estamos desexando que chegue ese día!

Ímonos preparando vendo o seguinte vídeo.




viernes, 19 de abril de 2024

O MAIO


Por fin chegou a primavera!

Para meternos de cheo nela traballaremos co poema "O maio", de Manuel Curros Enríquez, musicado por Luis Emilio Batallán.




martes, 27 de febrero de 2024

A MAÑÁ

Imos cumprir un desexo de Grotus, que na súa carta dicíanos que lle gustaría escoitar con nós a música do conto "Peer Gynt", e comezaremos escoitando a música chamada "A MAÑÁ".

Faremos diferentes xogos e tocaremos instrumentos acompañando á orquestra que vemos no vídeo.




MISTERIO NO COLEXIO!

Fai algunhas semanas apareceron no chan do colexio unhas extrañas pegadas.

Estaban no corredor do 1º piso e parecía que ían cara a clase de música.


 
Non sabiamos a quen podían pertencer eses pés tan extraños.


Ao cabo duns días apareceron uns sobres pegados nas cadeiras da aula de música, con diferentes pistas.



Abrimos os sobres, seguimos as pistas e atopamos diferentes cousas por todo o colexio.
















As pistas leváronnos a unha chea de cousas diferentes: 











Todo era moi interesante e dimos diferentes ideas sobre quen era ese personaxe tan extraño, pero non chegamos a ningunha conclusión.

Cando fumos a clase música a seguinte semana, apareceu unha mensaxe misteriosa.



Abrímola e vimos que era unha carta que nos mandaba un troll chamado Grotus, que quería xogar connosco.



Grotus explicábanos todo na súa carta!

Pois... xogaremos con el! escoitaremos a música da que nos fala e aprenderemos moitas cousas sobre a historia de "Peer Gynt".