Fixádevos como durme esta meniña!
Sabedes cal é a súa canción favorita?
Se queredes aprendela prestade moita atención ao seguinte vídeo.
Fixádevos como durme esta meniña!
Sabedes cal é a súa canción favorita?
Se queredes aprendela prestade moita atención ao seguinte vídeo.
"Olelé Moliba Makasi" é unha canción de cuna tradicional da República do Congo, en África.
Este curso conmemoraremos o "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller" coa canción "Salir corriendo", do grupo Amaral.
Comezamos este curso cunha nova aventura.
Esta vez o monstro de cores está en perigo. Queredes axudalo?
IMOS ALÓ!
Despois de gozar co concerto de "Cinco en zocas", seguiremos escoitando no colexio música en galego.
O mércores 19 de xuño recibiremos a Paco Nogueiras que nos presentará diferentes temas do seu espectáculo "C@nto contigo".
Veremos na clase algunas destas cancións
O vindeiro mércores, 15 de maio, gozaremos cun concerto do grupo de pandereteiras “Cinco en zocas”, no que toca a mamá de Vega e de Pedro.
Estamos desexando que chegue ese día!
Ímonos preparando vendo o seguinte vídeo.
Por fin chegou a primavera!
Para meternos de cheo nela traballaremos co poema "O maio", de Manuel Curros Enríquez, musicado por Luis Emilio Batallán.
Imos cumprir un desexo de Grotus, que na súa carta dicíanos que lle gustaría escoitar con nós a música do conto "Peer Gynt", e comezaremos escoitando a música chamada "A MAÑÁ".
Faremos diferentes xogos e tocaremos instrumentos acompañando á orquestra que vemos no vídeo.
Fai algunhas semanas apareceron no chan do colexio unhas extrañas pegadas.
Estaban no corredor do 1º piso e parecía que ían cara a clase de música.
O día 30 de xaneiro celébrase, nos centros educativos, o Día da Paz.
Ese día conmemórase o aniversario da morte de Mahatma Ghandi, que foi un líder pacifista que defendeu e promoveu a non violencia e a resistencia pacífica fronte á inxustiza e que foi asasinado por defender estas ideas.
Nós, cantaremos a canción “Los niños queremos la paz” para celebrar un día tan importante.