Por mor da chegada do Nadal os alumnos de 1º xogarán e bailarán cuns graciosos bonecos de neve. A canción escollida é a popular "Jingle Bells".
viernes, 29 de noviembre de 2019
A LUZ DO NADAL
Imos comezar o mes de decembro coa panxoliña titulada "A luz do Nadal", pertencente ao libro-disco de Mamá Cabra "Xa me tardan estes Magos".
Etiquetas:
A LUZ DO NADAL,
AUDICIÓNS,
CANCIÓN,
NADAL
lunes, 25 de noviembre de 2019
GATATUMBA
Achégase o Nadal e este ano cantaremos e tocaremos unha canción popular no noso pais.
Déixovos a letra e a partitura.
Gatatumba tumba tumba
con panderos y sonajas.
Gatatumba tumba tumba
no te metas en las pajas.
Gatatumba tumba tumba
toca el pito y el rabel.
Gatatumba tumba tumba
tamboril y cascabel.
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
CANCIÓN,
GATATUMBA,
INSTRUMENTOS,
NADAL,
PARTITURAS
viernes, 22 de noviembre de 2019
A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ
O martes 3 de decembro os nenos de 1º e 2º asistiredes a un concerto de Magín Blanco, que presenta o seu último disco, “A nena e grilo máis aló”.
A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde a tentarán atopar para traela de volta.
CONSEGUIRANO???
Aquí vos deixo un pequeno adianto do que veremos no teatro.
A nena e o grilo esmagan sen querer á súa amiga Xertrude, a araña. Buscando un xeito de devolverlle a vida, atópanse cuns artistas ambulantes que os guiarán a través da maxia e da música ao país dos mortos onde a tentarán atopar para traela de volta.
CONSEGUIRANO???

Aquí vos deixo un pequeno adianto do que veremos no teatro.
Etiquetas:
A NENA E O GRILO MÁIS ALÓ,
AUDICIÓNS,
CONCERTO,
MAGÍN BLANCO
lunes, 11 de noviembre de 2019
DANZA MEDIEVAL
Hoxe trasladarémonos á época medieval e tocaremos unha danza que nos levará a unha gran festa nun fermoso castelo.
A melodía ten dúas partes:
Etiquetas:
DANZA MEDIEVAL,
INSTRUMENTOS,
PARTITURAS
martes, 5 de noviembre de 2019
CÁRMINA BURANA
No ano 1803, no monasterio benedictino de Beuern (Alemania), atopouse unha colección de 300 poemas recollidos nun manuscrito da ÉPOCA MEDIEVAL, concretamente da primeira metade do século XIII.
A maior parte estaban escritos en latín e o resto en alemán.Os autores destes poemas eran monxes escapados dos seus conventos, xograres, estudiantes vagabundos, e neles criticaban os costumes da época e rexeitaban as ensinanzas da igrexa.
Estes poemas medievais formaban a obra titulada "Cármina Burana" que ainda que nos poda parecer que fai alusión a un nome propio dunha muller, non é así, senón que significa "Cancións de Beuern" en latín.
Anos máis tarde o compositor alemán Carl Orff recopilou 25 destes poemas medievais e compuxo a obra "Cármina Burana" que se estrou no ano 1937. É unha das máis coñecidas do século XX e está escrita en latín e alemán.
Na clase imos traballar coa Introdución, titulada "Oh Fortuna", que tamén é a Conclusión da obra.
Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.
Aquí vos deixo dúas versións moi interesantes.
Aquí tedes a partitura coa melodía.
Etiquetas:
AUDICIÓNS,
CÁRMINA BURANA,
INSTRUMENTOS,
ORFF,
ORQUESTRA SINFÓNICA
Suscribirse a:
Entradas (Atom)