miércoles, 16 de octubre de 2019

SKA DE LA TIERRA

Seguimos traballando dentro do proxecto "Mares de plástico" e agora tócalle o turno a unha fantástica canción de Bebe.


A cantante Bebe quixo facer un chamamento aos políticos e a toda a poboación, sobre os problemas medioambientais provocados polo ser humano, que están levando á destrucción do planeta e fixoo como ela sabe, CANTANDO.










martes, 15 de octubre de 2019

SAMAÍN

Moi pronto celebraremos o Samaín!

O colexio encherase de bruxas, esqueletos, magos, trasnos e moitos seres terroríficos, que como todos os anos cantarán unha canción no ximnasio para rematar o festexo.

Estes extraños personaxes pasaranse pola clase de música para aprender a canción de Jesús Pareja "Samaín".

🎃🎃🎃

Aquí vos deixo un simpático vídeo e tamén a letra.







Os alumnos de 6º B improvisaron unha coreografía e aquí vola deixo para que a aprendades.



lunes, 7 de octubre de 2019

FACEMOS MELODÍAS!

Os nenos de 2º estiveron xogando coas notas SOL e SI no pentagrama do chan e compuxeron unhas pequenas melodías.

Facédelo moi ben chicos!



domingo, 6 de octubre de 2019

LA COSTA DEL SILENCIO

Co proxecto de centro deste curso, "Mares de plástico", trataremos de concienciarnos sobre o grave problema que supón para a vida no planeta o cambio climático, provocado en gran medida polas agresións que o ser humano provoca no seu entorno.

Para introducirnos no tema lembraremos o gran desastre mediambiental que se produciu nas nosas costas no ano 2002 co afundimento do petroleiro Prestige.

A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada "La costa del silencio" na que se fala das causas e consecuencias do afundimento deste barco.





Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.












PEQUEÑO PLANETA

O proxecto deste curso "MARES DE PLÁSTICO" faranos reflexionar sobre a intervención do ser humano sobre o planeta.

Esta canción do grupo Cantajuego achegará aos máis pequenos a este grave problema.