domingo, 26 de noviembre de 2017

O POLO PEPE

Os nenos de Infantil seguen metidos neste mundo de galos, galiñas e polos, e agora tócalle o turno á canción do grupo "Mamá Cabra" titulada "O Polo Pepe", que está baseada no conto "O Polo Pepe" de Nick Denchfield e Ant Parker.

A canción está incluida no libro-disco "Cartas que veñen e van".




PREPARADOS PARA CANTAR?





sábado, 25 de noviembre de 2017

RAPEANDO!

Os nenos de 1º A cantan e bailan empregando todas as súas enerxías!

MOI BEN CHICOS!







MÁIS MARCHA RADEZTKY!

Seguimos traballando coa Marcha Radeztky e os nenos de 2º A fixeron unha marcha moi particular xa que non se moveron do seu sitio.

Adiviñades como será?

Vexamos un vídeo a ver se acertáchedes!




domingo, 19 de noviembre de 2017

O SEÑOR DOS ANEIS: INSTRUMENTACIÓN


Déixovos aquí a partitura de "O señor dos aneis" coa instrumentación, que veremos durante esta semana.



O GALO CANTA


Nesta semana a aula de música acollerá a moitos galos, galiñas e pitiños!

"O galo canta" pertence ao disco "Xiqui Xoque, Fiú Fiú" de María Fumaça.

Os peques do cole cantarán esta canción tan marchosa, xa que marcha a estes nenos de 3 anos non lles falta.

Imos aló!




lunes, 13 de noviembre de 2017

GLOBAL MUIÑEIRA

A nova campaña do supermercado Gadis volve a apelar ao sentimento identitario da comunidade galega.

Seguindo na mesma liña dos derradeiros tempos a idea deste ano é moi orixinal. Trátase dunha película de case catro minutos de duración protagonizada por dous irmáns que queren facer da muiñeira o baile de moda en todo o mundo. A muiñeira convertirase nun baile global.

Aprendamos a bailar a Global muiñeira!

Imos ver a película.


Todo galego debería saber polo menos 5 pasos de muiñeira. Imos aló!











 E agora todo xunto!

 

BAILAMOS???

 



domingo, 12 de noviembre de 2017

¿ESTRELLITA DÓNDE ESTÁS?

Popular canción infantil e navideña que os máis pequenos de primaria ides cantar e tocar.

Vexamos algúns vídeos.













E agora que xa sabedes a canción imos tocala utilizando os seguintes instrumentos.








Aquí está a partitura e tendes que buscar onde están as figuras musicais negras e brancas, ou sexa onde hai sons curtos ou longos.





























Se queredes conseguir emoticonos verdes fixádevos no que tendes que saber facer.



















MOITO ÁNIMO E A TRABALLAR!!!


Rúbrica:




sábado, 11 de noviembre de 2017

1, 2, 3, 4...

Os nenos de 2º B fixeron un musicograma con movemento.

Tendo en conta que foi a 1ª vez que o facían estivo pero que moi ben. Noraboa chicos!





miércoles, 8 de noviembre de 2017

"EL BOSQUE DEL SILENCIO"


A banda española de folk metal, MÄGO DE OZ, compuxo no ano 2003 unha canción chamada "La costa del silencio". Este tema trata sobre o medio ambiente e fai referencia ao desastre do Prestige.




Nestes intres os galegos estamos moi sensibilizados pola vaga de incendios que asolou os nosos montes no mes de outubro e imos utilizar esta canción para facer algún cambio na letra e adaptala aos momentos actuais.

A nova canción chamarase "El bosque del silencio".

Imos aprender primeiro a canción orixinal. Déixovos o vídeo de Mägo de Oz e a letra da canción.












lunes, 6 de noviembre de 2017

"EL MONSTRUO QUE NO DEJABA A LOS NIÑOS IR AL COLEGIO"



"El monstruo que no dejaba a los niños ir al colegio" foi unha campaña solidaria que levaron a cabo Unicef e ING no Nadal do ano 2012 co fin de recadar diñeiro para axudar a nenos que, por diferentes motivos, non teñen acceso á educación.

O monstro simboliza os problemas que existen no mundo e que imposibilitan a escolarización de moitos millóns de nenos. Falamos de monstros como a pobreza, o traballo infantil e a discriminación de xénero.

A historia trataba dun monstro que impedía por todos os medios que os nenos poideran ir á escola. A única forma de vencelo era usando o teléfono móbil para mandar un sms cunha palabra que facía que o monstro desaparecera, e así os nenos conseguían volver á súa escola.


Os cartos recadados foron para colaborar na educación de moitos nenos de zonas desfavorecidas no mundo.

Déixovos o vídeo cun dos catro finais posibles para o monstro.





Como os alumnos de 5º estades inventando a letra para unha canción cunha temática similar e sobre todo porque hai un grupo que empezou a súa canción cun MONSTRO, déixovos esta bonita historia por se vos da algunha pista.




domingo, 5 de noviembre de 2017

O MONSTRO DE CORES

CHEGOU A REVOLUCIÓN !

A biblioteca do cole está en proceso de cambio. Imos facer a biblioteca que queremos!

En todas as clases aportáchedes ideas sobre como vos gustaría que fora, a partires deste curso, a biblioteca do colexio.

Na clase de música faremos un conto para que estea sempre na biblioteca, pero non será un conto calquera, será un CONTO MUSICAL.

E xa que estamos en plena revolución de sentimentos, porque Inzilbeth, a nosa queridiña mascota, tivo que marchar repentinamente, que mellor conto que "O MONSTRO DE CORES".

Os alumnos de 3º curso faredes unha versión musicada dese fantástico conto.

Teredes que escribir as partituras, escribir o conto en papel, interpretar o conto cos instrumentos e gravalo para que todo forme parte da nova biblioteca. 

Pasarémolo moi ben pero teremos moito traballo!

Empezamos con algunha información sobre o conto.





Premede no debuxo e repasaremos as diferentes cores!




E agora premede na imaxe e lede con moita atención porque hai que empezar a compoñer.


SEGUIMOS COA FRAUTA!

Os frautistas principiantes seguen aprendendo a tocar a frauta.

Aí van algunhas notas máis.









MARCHA RADETZKY: MUSICOGRAMA

Imos ver as diferentes partes que ten a Marcha Radetzky.



Escoitade a melodía e prestade moita atención ás distintas partes.




Fixádevos que hai partes que son máis longas que outras.