domingo, 29 de octubre de 2017

O SEÑOR DOS ANEIS

"O señor dos aneis", película baseada na obra do escritor Tolkien (1892 -1973), é unha novela fantástica que se sitúa nun lugar e nun tempo ficticio.

A historia desenvólvese na Terceira Idade da Terra Media, un lugar imaxinario poboado por homes e outras razas humanoides (hobbits, elfos e ananos), así como por outras criaturas reais e fantásticas. A novela conta a viaxe do protagonista, o hobbit Frodo Bolsón, para destruir o "Anel único" e a guerra que provocará o inimigo para recuperalo, xa que é a principal fonte de poder do seu creador, o Señor Escuro, Sauron.




Lembrades a Feira Medieval que fixemos fai tres cursos?

Lembrades o concerto? Pois alí os vosos compañeiros, que agora están no instituto, tocaron esta melodía.

Este curso seredes vos quen interpretaredes esta peza.

Deixovos o video do concerto para que vexades que ben o fixeron. 




E aquí déixovos a partitura para que vaiades estudiando.

 

Déixovos unha rúbrica cos criterios que vou seguir para facer a avaliación desta actividade.




sábado, 28 de octubre de 2017

E AGORA... POÑEDE A FUNCIONAR A VOSA IMAXINACIÓN!

Os alumnos de 5º están plenamente concentrados na súa canción. 

Xa comprobei que tedes moita imaxinación, chicos. Seguide así!










Como xa falamos de que habería unha nota para o grupo e outra para cada membro, déixovos as rúbricas para que saibades o que debedes facer se queredes levar unha boa nota.

Tamén teredes unha copia na clase para que non lle quitedes ollo. Se sabedes o que vou avaliando será máis fácil que o fagades mellor!

AVALIACIÓN DO TRABALLO EN GRUPO


AVALIACIÓN DO TRABALLO INDIVIDUAL




viernes, 27 de octubre de 2017

PEQUENOS ARTISTAS!



O pasado martes Fran, de 3º B, trouxo o seu trombón a clase para ensinarnos como toca.

Tendo en conta que acaba de empezar a estudiar instrumento podemos dicir que temos ante nos a un prometedor artista.

Déixovos un vídeo para que vexades que ben o fixo. 😊





domingo, 22 de octubre de 2017

MARCHA RADETZKY

A Marcha Radetzky é unha composición de Johann Strauss (pai), escrita no ano 1848.


Johann Strauss naceu e morreu en Viena e é o primeiro dunha dinastía de grandes músicos, xa que os tres fillos que tivo tamén dedicáronse a compoñer música.



A súa obra máis coñecida é a Marcha Radetzky. Esta marcha compúxoa en honor a un militar austríaco chamado Radeztky que gañou varias batallas durante unha revolución.


Premede na imaxe e escoitaredes a melodía.



A Marcha Radetzky é mundialmente famosa porque se interpreta, por parte da Orquestra Filarmónica de Viena, o día 1 de xaneiro de todos os anos no Concerto de Ano Novo.

Mentres soa esta música o director vólvese cara o público e diríxeo para que toque palmas seguindo o pulso da melodía e marcando as diferentes intensidades.

Este concerto celébrase dende o ano 1939 e transmítese por radio e por televisión a todo o mundo.

Os directores invitados a levar a batuta neste concerto son os mellores do mundo.

Déixovos o vídeo do concerto deste ano baixo a batuta de Gustavo Dudamel.




viernes, 20 de octubre de 2017

A NOSA CANCIÓN!

Despois de visionar os vídeos e de traballar coa melodía comezamos a escribir a letra da nosa canción.

Premede na imaxe porque tedes máis información.




domingo, 15 de octubre de 2017

CUALIDADES DO SON: INTENSIDADE

A INTENSIDADE é o grao de forza que ten un son. Así teremos sons fortes, medios ou suaves.



Déixovos uns xogos para practicar. Como serán os sons que escoitedes?









viernes, 13 de octubre de 2017

FRAY SANTIAGO

Imos traballar cunha das cancións infantís máis coñecidas do mundo. A súa orixe é francesa, e o nome orixinal é "Frére Jacques".

Aquí coñecémola como "Fray Santiago" ou tamén como "Campaneiro".

Esta melodía pode tocarse como un "canon" a varias voces, e íso é o que faremos, tocala a tres voces.

Vexamos diferentes vídeos para familiarizarnos coa melodía e a continuación comezaremos a tocar.











Agora estudiaremos a melodía.





Con estes vídeos tocaremos cos tubos afinados.








E agora imos co canon.




domingo, 8 de octubre de 2017

CUALIDADES DO SON: DURACIÓN

A DURACIÓN é o tempo que ocupa un son dende que empeza ata que remata. Existen sons longos, sons de mediana duración e sons curtos. Se combinamos a duración de diferentes son temos distintos ritmos.



Imos facer os seguintes xogos para practicar a "DURACIÓN". 

Como serán os sons? 

Longos ou curtos?








EXPRESANDO AS EMOCIÓNS!



Os nenos de 1º e 2º de primaria fixeron un exercicio de improvisación de movementos utilizando o corpo como instrumento para a expresión de sentimentos e emocións.

Despois de facer unha primeira audición co musicograma do o "Outono" de Antonio Vivaldi expresáronse nun divertido xogo.

Chicos, fixéstelo moi ben!















domingo, 1 de octubre de 2017

ESTAMOS NO OUTONO

O outro día bailamos ao ritmo do 3º movemento do "Outono" de Antonio Vivaldi.

Foi moi divertido e o son que faciades cos pompóns parecía o mesmo que fan as follas das árbores cando o vento as move. Pronto subirei os vídeos para que podades velos.

Agora imos tocar instrumentos ao mesmo tempo que soa a música.

Os instrumentos de percusión que utilizaremos son:



Utilizaremos un musicograma de "Musikarma".








CABEZA, HOMBROS, RODILLAS, PIES!

Unha canción para os máis pequenos, que hai que cantar prestando moita atención porque van ir desaparecendo as palabras e só poderedes facer os xestos, pero sen equivocaros.

Preparados para cantar e bailar?  Pois adiante!



Se queredes conseguir moitos emoticonos isto é o que tendes que facer.




Rúbrica:
























XOGEMOS COAS ARAÑAS!

Pese a que as arañas non son o meu o meu bichiño favorito, puajjjjjjjj, paga a pena pasar un rato con elas para practicar a colocación das notas no pentagrama.

Grazas a este xogo feito por Julio Payno aprenderedes dunha forma moi divertida.

Premede nas arañas e a xogar!





ALELUYA

"Aleluya" é unha expresión de alegría utilizada pola relixión cristiana como demostración de xúbilo.

No ano 1984 o cantante canadiense Leonard Cohen compuxo unha canción titulada "Hallelujah" que se fíxo mundialmente famosa.



Esta canción formou parte da banda sonora da película de animación "Shrek" e podemos escoitala no seguinte vídeo.





E agora veredes unha magnífica versión protagonizada por escolares o ano pasado.




Os alumnos de 5º curso, divididos en grupos, debedes escribir unha letra para esta melodía.

As normas que debe cumprir a vosa composición publicareinas nun próximo post.