EXTRAÑAS PEGADAS!
UNHA MONTAÑA TENEBROSA!
UNHA MÚSICA SOANDO...
QUE MISTERIO!!!
Moitas foron as preguntas: Quen deixou esas pegadas?, que lugar é o que aparece na fotografía?, que significa esa música que se escoita???
Os nenos do colexio estiveron estes días moi atarefados tratando de atopar respostas. Tiveron que investigar, utilizando diversas fontes, sobre os extraños sucesos acontecidos na aula de música.
Como bos detectives que son foron atopando as respostas adecuadas. Fixádevos todas as pistas que atoparon os nenos de 4ºA.
Os nenos de 3º B despois das súas pesquisas e sospeitando que as pegadas eran de un troll deixáronlle unha nota invitandoo a vir ao cole e facéndolle algunhas preguntas. O troll non dubidou en contestalas e lles escribiu unha carta ben chula.
AS PEGADAS AS DEIXOU UN TROLL QUE VIVE NA GRUTA DA MONTAÑA DA FOTOGRAFÍA, QUE POR CERTO ESTÁ EN NORUEGA.
O SIMPÁTICO TROLL CHÁMASE GROTUS E É UN TROLL MOI BO E CON MOITAS GAÑAS DE APRENDER.
GROTUS envioume tamén un correo electrónico que eu lle leín a todos os nenos:
Ola Merce.
Remítoche este correo electrónico porque seguro que ti e
os nenos do colexio estades un pouco preocupados polas pegadas, pola foto e
pola melodía que soaba na clase de música e que apareceron misteriosamente
durante o fin de semana.
Eu chámome Grotus e son o que as deixou. Son un troll,
pero non teñades medo xa que son un troll moi bo.
A foto da montaña
que deixei no cole é unha foto da miña casa e está en Noruega, pais que está
cheo de trolls. Non sei si sabiades que aos trolls non nos pode dar a luz do
día xa que nos converteríamos en estatua de pedra e esa montaña fai miles de
anos non existía pero un día un troll xigantesco que era moi malo saíu da súa
gruta cando era de día e se converteu en montaña. Agora nesa montaña vivimos
máis de 100 trolls, e entramos polos buratos que parecen ollos.
A música que soaba na clase titúlase “Na gruta do rei da
montaña” e é a miña favorita. Esta música a compuxo Edvard Grieg e forma parte
da obra “Peer Gynt” e como me
enterei de que ides traballar coa esta obra e con este compositor na clase de
música decidín axudarvos dándovos información sobre eles.
Por agora non teño máis cousas que contarvos pero se
tedes algunha dúbida ou queredes saber cousas de min o de Edvard Grieg podedes
escribirme ao meu correo electrónico.
Se me escribides non esquezades poñer o voso nome e
apelido e en que clase estades.
Ah, aí vai unha foto miña para que a poñades na clase!!!
A que son guapiño???
Gustaríame estar con vos no colexio, pero xa sabedes que
non pode darme a luz do día xa que me convertería en estatua de pedra. Cando
teña que ir polo cole fareino de noite, pero entón seguro que non nos vemos xa
que vos estaredes durmindo.
BICOS DE TROLL E FELICES MELODÍAS.
No hay comentarios:
Publicar un comentario