Despois dun mes de xuño moi axetreado, que me impediu publicar no blog, quero deixar este post como peche do curso.
Despídome cos maiores, que marchan do cole dispostos a vivir unha nova etapa na súa formación.
MOITA SORTE A TODOS!!!!!!!!!
Na excursión de fin de curso estivemos en Madrid e visitamos o "Museo Nacional Centro de Arte Reina Sofía". Alí vimos obras moi interesantes e entre elas había uha réplica xigante dunha obra de Man Ray, un artista estadounidense da época do surrealismo, que representa a un metrónomo no que na parte de arriba da súa varilla colocou un ollo.
Dependendo de onde esteamos colocados podemos ver o ollo aberto ou pechado.
A obra orixinal titulábase "Obxecto para ser destruido" e foi feita no ano 1923. Era un metrónomo de 26 cm no que puxo, na parte superior da varilla, un ollo. Cando a moza do autor o deixou este colocou no metrónomo unha fotografía do ollo dela e cambioulle o nome polo de "Obxecto de destrución". No ano 1957 un grupo de estudantes destruiron o metrónomo. No 1963 Man Ray fixo outro ao que lle puxo por nome "Obxecto indestructible" e está exposto no Museo de Arte Moderno de New York.
Xunto á réplica que hai en Madrid podemos ver aos alumnos de 6º, que tamén son indestructibles...
Dependendo de onde esteamos colocados podemos ver o ollo aberto ou pechado.
Xunto á réplica que hai en Madrid podemos ver aos alumnos de 6º, que tamén son indestructibles...
No hay comentarios:
Publicar un comentario