Os alumnos de 3º e 4º de primaria achegáronse á historia dos Beatles a través dun xogo de pistas.
O primeiro paso foi atopar os sobres coas cartulinas nas que aparecían fragmentos da biografía dos Beatles. Estes sobres estaban agachadaos por todo o colexio e para chegar a eles tiñan que descifrar as pistas que había na clase de música.
Os nenos estaban distribuidos por equipos e cada equipo tiña 3 pistas, de dificil a fácil. Se a primeira non chegaba para atopar o sobre que buscaban podían abrir a segunda e se tampouco conseguían atopalo podían abrir a terceira.
Cando todos os equipos tiveron o seu sobre o abriron e as cartulinas que había dentro contaban cousas sobre o grupo The Beatles.
Todos os equipos tiveron que traballar xuntos para ordear a biografía do grupo. Fixérono moi ben!!!
Despois cada neno elexiu unha parte da biografía para ilustrar e con todos os debuxos fixemos unha presentación titulada "FALANDO DOS BEATLES!!!".
Aquí vos deixo unhas fotos da actividade e o resultado final. Espero que disfrutedes!
1 comentario:
muy bonito....
Publicar un comentario