martes, 18 de febrero de 2025

CHEA DE VIDA

Para conmemorar o "Día da muller" cantaremos a canción de Guadi Galego "Chea de vida", acompañándonos de linguaxe de signos.




jueves, 13 de febrero de 2025

BUSCANDO AOS PERSONAXES DO CONTO "PEDRO E O LOBO"

Algo moi estraño ocurriu onte no colexio. Os personaxes do conto musical "Pedro e o lobo" desapareceron misteriosamente da película.

Temos unha nova misión para os nenos, xa que deben atopalos para poder ver de novo a película que tanto lles gusta.

QUE TEÑAN MOITA SORTE!!!

jueves, 28 de noviembre de 2024

NANA

 


Fixádevos como durme esta meniña!

Sabedes cal é a súa canción favorita?

Se queredes aprendela prestade moita atención ao seguinte vídeo.





miércoles, 16 de octubre de 2024

OLELÉ MOLIBA MAKASI

"Olelé Moliba Makasi" é unha canción de cuna tradicional da República do Congo, en África.    







Déixovos a letra, nun dos idiomas que se falan no Congo, que é o lingala, e a tradución ao galego.






martes, 15 de octubre de 2024

SALIR CORRIENDO


Este  curso conmemoraremos o "Día Internacional para a eliminación da violencia contra a muller" coa canción "Salir corriendo", do grupo Amaral.



jueves, 12 de septiembre de 2024

SALVEMOS AO MONSTRO DE CORES!

Comezamos este curso cunha nova aventura.

Esta vez o monstro de cores está en perigo. Queredes axudalo?

IMOS ALÓ!

COMEZA UN NOVO CURSO!




domingo, 19 de mayo de 2024

CONCERTO DE PACO NOGUEIRAS

Despois de gozar co concerto de "Cinco en zocas", seguiremos escoitando no colexio música en galego.

O mércores 19 de xuño recibiremos a Paco Nogueiras que nos presentará diferentes temas do seu espectáculo "C@nto contigo".

Veremos na clase algunas destas cancións

miércoles, 8 de mayo de 2024

CINCO EN ZOCAS

 


O vindeiro mércores, 15 de maio, gozaremos cun concerto do grupo de pandereteiras “Cinco en zocas”, no que toca a mamá de Vega e de Pedro.

Estamos desexando que chegue ese día!

Ímonos preparando vendo o seguinte vídeo.




viernes, 19 de abril de 2024

O MAIO


Por fin chegou a primavera!

Para meternos de cheo nela traballaremos co poema "O maio", de Manuel Curros Enríquez, musicado por Luis Emilio Batallán.