martes, 27 de marzo de 2012

SAN SERENÍN

Aquí vos deixo os vídeos da canción "San Serenín" que cantaron os nenos do 1º ciclo.






jueves, 22 de marzo de 2012

UNHA CANTIGA TRADICIONAL GALEGA


"VEN BAILAR CARMIÑA" é unha cantiga tradicional do folklore galego.

O aire da canción é bastante rápido pero os alumnos de 5º curso van a interpretala coa frauta imprimíndolle un sentimento de melancolía polo que a tocarán cun aire máis lento.



CANON A 3 VOCES

Aquí vos deixo o canon que tocaron os alumnos de 4º por se alguén quere practicalo.

Eles fixérono con metalófonos, xilófonos e carillóns e tamén cantando e quedoulles moi bonito.





A estrutura que tocaron foi: MELODÍA o unísono - CANON a 3 voces - MELODÍA o unísono.

O canon nesta partitura soa con dous intrumentos de vento e un de corda.

DISFRUTADE ESCOITANDOO!!!



miércoles, 29 de febrero de 2012

SAN SERENÍN

Os nenos de 1º ciclo están aprendendo unha cantiga tradicional, "San Serenín", coa que gravaremos un videoclip.

Aquí vos deixo a canción para que a estudiedes, xa que a vindeira semana tedes que sabela pero que moi ben.




lunes, 27 de febrero de 2012

PREMIOS OSCAR 2012



A pasada madrugada, hora española, tivo lugar a gala de entrega dos premios Oscar de Hollywood, na edición número 84.

A película gañadora dentro da modalidade "Curtametraxe de animación" foi "The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore", película que puidemos comprobar tivo moito éxito entre pequenos e maiores.

A curtametraxe foi dirixida por Brandon Oldenburg e William Joyce e foi realizada utilizando varias técnicas de animación como miniaturas, 3D e animación tradicional.

As nosas felicitacións aos seus creadores que nos fixeron disfrutar desta tenra historia e sentir o amor polos libros.


martes, 31 de enero de 2012

"OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS LESSMORE"

"The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore" é unha marabillosa curtametraxe de animación que conta a historia de Morris Lessmore, que arrastrado por un furacán voa a un pais onde os libros están vivos.

Esta película xa tivo moitísimos premios e está nominada para os Oscar de Hollywood.

Despois de ver esta película cada vez que teñades un libro cerca o miraredes con outros ollos...


domingo, 29 de enero de 2012

AS "ARMAS" DOS MÚSICOS !!!!!!!!!!!!

Durante a pasada semana estivemos traballando con dúas cancións de John Lennon nas que este fai un chamamento pola paz, pero sabedes que hai moitísimos cantantes que teñen cancións relacionadas con este tema. Aquí vos deixo diferentes vídeos de cancións que tamén falan sobre a paz esperando que disfrutedes con eles.

jueves, 26 de enero de 2012

A MÚSICA EN PROL DA PAZ !!!

O día 30 de Xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

Durante este curso no centro coexisten dous proxectos interdisciplinares que adquiren un protagonismo especial se falamos da paz: "IMAXINA A PICASSO" e " COÑECENDO A THE BEATLES".

As mundialmente famosas pombas da paz que utilizamos como símbolo son creación do pintor malagueño e por suposto estarán presente nas nosas actividades, por outro lado está o "Guernica", cadro pintado por Picasso para denunciar as mortes habidas no pobo de Guernica durante un bombardeo ocorrido no discurrir da Guerra Civil Española, que será o protagonista do xogo cooperativo que terá lugar o día 30.

No referente ao proxecto de música, xa no Nadal estudiamos a canción "HAPPY XMAS (WAR IS OVER) de John Lennon que facía un chamamento pola paz, e durante esta semana traballaremos con outras dúas cancións de Lennon que falan sobre este tema: " IMAGINE" e "GIVE PEACE A CHANCE".

Aquí vos deixo dous vídeos con estes temas:







Clicade no debuxo e veredes como os artistas utilizan as súas "armas".




martes, 17 de enero de 2012

A ESCALA MUSICAL

Un simpático video para repasar a ESCALA MUSICAL.



domingo, 15 de enero de 2012

O MEU BARCO

"O MEU BARCO" é un bonito poema de Manuel María, musicado por Suso Vaamonde.

Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Esta canción forma parte do disco "OS SOÑOS NA GAIOLA".


Clicando na bandeira do  barco podedes escoitar a canción.





E aquí vos deixo a partitura para que a toquedes coa frauta.