ALL MY LOVING foi composta por John Lennon e Paul McCartney. Foi gravada o 30 de xullo de 1963 nos estudios EMI de Londres e editada no albúm "WITH THE BEATLES".
Aquí deixo algunhas fotos da primeira toma de contacto dos alumnos de Educación Infantil co grupo "The Beatles".
Despois da presentación, feita polos propios membros do grupo, que ademais de inglés tamén falan galego, un pequeno xogo cunhas marionetas e a tocar como The Beatles.
Quedou craro que estes nenos teñen madeira de artistas!!!
Nerea Barreiro deixounos un enlace a unha páxina que ten moitas cancións do grupo. Clicade na imaxe e a ESCOITARRRRRR!!!!
E agora tendes un pequeno xogo, "A MELODÍA DESPISTADA". Cando fagades clic sobre as guitarras escoitaredes cancións do grupo "The Beatles", pero hai unha que non é deles. A ver se conseguides atopala! Sabedes quen a canta?