martes, 27 de noviembre de 2012

OUTONO

Estas tres follas levarannos polo TEMA  do 3º movemento do concerto do outono da obra de Vivaldi.
Sempre que aparezan será que está soando o TEMA.


Clicade no debuxo para velas bailar!!!


lunes, 19 de noviembre de 2012

AS CATRO ESTACIÓNS DE VIVALDI: OUTONO

ANTONIO VIVALDI, naceu en Venecia no 1678 e morreu en Viena no 1741.


Vivaldi escribiu uns concertos para violín, que era o seu instrumento favorito, titulados "AS CATRO ESTACIÓNS", ou sexa que escribiu música para a primavera, verán, outono e inverno.

Nestes concertos o violín estaba acompañado pola orquestra, pero tendo esta un papel moi importante no desenvolvemento da obra.

Como estamos no outono imos estudiar a música que escribeu Vivaldi sobre esta estación.

O  concerto titulado OUTONO ten 3 movemementos:

- 1º movememento: Allegro
- 2º movemento: Adagio molto
- 3º movemento: Allegro 

Aquí vos deixo uns vídeos nos que a Filarmónica de Berlín dirixida por Karajan interpreta este concerto.








 Para iniciar a audición imos ver un fantástico vídeo de MÚSICA EN ALCALÁ.




 


domingo, 18 de noviembre de 2012

A BRUXA MARUXA

Acaba de publicarse un libro con CD e DVD titulado "María Fumaça", facendo alusión ao nome co que se coñeceu ás primeiras locomotoras de vapor en Brasil.


Neste libro unha teteira vermella semella a unha locomotora que nos conduce por diferentes cancións interpretadas por artistas galegos.

Ademáis este traballo ten unha importante función integradora xa que xira en torno a Ruí, un neno con parálise cerebral severa para o que a música é unha boa terapia.

clicade na portada do libro se queredes ter máis información



Un dos temas deste libro é  "A BRUXA MARUXA", co que imos traballar para aprender a bailar o vals.












CLICADE NA BRUXA PARA ESCOITAR A CANCIÓN


Aquí tendes un famosísimo vals, o da película "A bela durminte" de Disney, onde a princesa Aurora e o príncipe Felipe danzan con música de Tchaikovsky.




E para rematar déixovos o vals máis famoso do mundo, "O Danubio azul" composto por Johann Strauss (fillo) no ano 1867. Trátase da versión ofrecida no Concerto de Aninovo do ano 2011 pola Filarmónica de Viena.





viernes, 16 de noviembre de 2012

SAIREMOS COMO GALEGOS!!!

Un ano máis Gadis sorpréndenos cun orixinal anuncio. Esta vez o tema é a crise e os protagonistas os nenos.  

Non volo perdades!!!





O XOGO CHIRIMBOLO

Os nenos de 4 anos disfrutaron moito cantando a canción "O xogo chirimbolo".

Clicade no debuxo se queredes escoitala.


E se queredes ver aos pequeniños en acción non vos perdades estes vídeos.





martes, 13 de noviembre de 2012

10 ANOS DESPOIS: NUNCA MÁIS!!!!!!!

Hoxe, martes 13 de novembro e dez anos despois da traxedía do afundimento do petroleiro Prestige reanúdase a vista para esclarecer os feitos e depurar responsabilidades (moito me temo que esto vai ser imposible...).

Este feito sumiu a toda Galicia e a boa parte do mundo nun clima de terrible tristeza ao ver as nosas costas e aos nosos animais cubertos de chapapote.
O manto negro estendeuse como a noite durante moitos días pero para contrarrestar estendeuse tamén ese outro manto branco dos voluntarios que de todas partes do mundo chegaron ás nosas terras para axudarnos na traxedia.

GRAZAS a todos eles e a todas as persoas que dunha forma ou doutra colaboraron con nos durante moitos meses!!!!

Clicade na imaxe para saber como se desenvolveron os feitos.



Eses foron uns días que nunca olvidaremos e a escola non estivo ao marxe do que sucedía. Traballamos sobre o que pasara, fixemos actividades reivindicativas, manifestacións, etc, e na clase de música fixemos un rap que foi cantado e ilustrado polos alumnos de 3º curso de primaria, hoxe en día xa uns mozos.

Por aquel entonces non utilizábamos as TIC e o traballo foi un libro coa canción. Aquí volo deixo dixitalizado para que os que xa o coñecedes lle dedes un repaso e para que aqueles que érades moi pequenos ou que ainda non nacérades poidades aprendelo.







domingo, 11 de noviembre de 2012

CAMPANEIRO


Con esta canción, que é moi popular, imos repasar o concepto de canon.

Lembrade que o canon é unha composición musical formada por dúas ou máis voces que van entrando unha despois de outra interpretando todas a mesma melodía.

Tocarémolo con metalófonos, xilófonos, carillóns e frautas.

Antes de tocar a canción aquí tendes un xogo para estudiar a partitura!!!





Déixovos primeiro a partitura coa melodía e despois a partitura co canon a dúas voces, ainda que seguramente  farémolo a tres voces.