martes, 31 de enero de 2012

"OS FANTÁSTICOS LIBROS VOADORES DO SEÑOR MORRIS LESSMORE"

"The fantastic flying books of Mr. Morris Lessmore" é unha marabillosa curtametraxe de animación que conta a historia de Morris Lessmore, que arrastrado por un furacán voa a un pais onde os libros están vivos.

Esta película xa tivo moitísimos premios e está nominada para os Oscar de Hollywood.

Despois de ver esta película cada vez que teñades un libro cerca o miraredes con outros ollos...


domingo, 29 de enero de 2012

AS "ARMAS" DOS MÚSICOS !!!!!!!!!!!!

Durante a pasada semana estivemos traballando con dúas cancións de John Lennon nas que este fai un chamamento pola paz, pero sabedes que hai moitísimos cantantes que teñen cancións relacionadas con este tema. Aquí vos deixo diferentes vídeos de cancións que tamén falan sobre a paz esperando que disfrutedes con eles.

jueves, 26 de enero de 2012

A MÚSICA EN PROL DA PAZ !!!

O día 30 de Xaneiro celebramos o DÍA ESCOLAR DA PAZ E DA NON VIOLENCIA.

Durante este curso no centro coexisten dous proxectos interdisciplinares que adquiren un protagonismo especial se falamos da paz: "IMAXINA A PICASSO" e " COÑECENDO A THE BEATLES".

As mundialmente famosas pombas da paz que utilizamos como símbolo son creación do pintor malagueño e por suposto estarán presente nas nosas actividades, por outro lado está o "Guernica", cadro pintado por Picasso para denunciar as mortes habidas no pobo de Guernica durante un bombardeo ocorrido no discurrir da Guerra Civil Española, que será o protagonista do xogo cooperativo que terá lugar o día 30.

No referente ao proxecto de música, xa no Nadal estudiamos a canción "HAPPY XMAS (WAR IS OVER) de John Lennon que facía un chamamento pola paz, e durante esta semana traballaremos con outras dúas cancións de Lennon que falan sobre este tema: " IMAGINE" e "GIVE PEACE A CHANCE".

Aquí vos deixo dous vídeos con estes temas:







Clicade no debuxo e veredes como os artistas utilizan as súas "armas".




martes, 17 de enero de 2012

A ESCALA MUSICAL

Un simpático video para repasar a ESCALA MUSICAL.



domingo, 15 de enero de 2012

O MEU BARCO

"O MEU BARCO" é un bonito poema de Manuel María, musicado por Suso Vaamonde.

Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!

Navegarei por mil rios
sete mares hei cruzar.
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!

No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ó trebón
nin me asusta o furacán!

O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!

Andiven tódolos mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin salir do meu fogar!


Esta canción forma parte do disco "OS SOÑOS NA GAIOLA".


Clicando na bandeira do  barco podedes escoitar a canción.





E aquí vos deixo a partitura para que a toquedes coa frauta.